02

DEREITO A UNHA VIDA DIGNA

Un dos obxectivos estratéxicos do BNG é a conquista dunha sociedade máis xusta, equitativa, accesíbel e inclusiva que garanta condicións de vida e de traballo dignas para a xente deste país. Porén, a realidade social e económica sitúa na actualidade milleiros de persoas galegas na precariedade.

O contexto actual está marcado por un profundo empobrecemento social froito do incremento desorbitado dos prezos, non así dos salarios e pensións. Así o reflicten os datos. Mentres a última cifra oficial sitúa o IPC en Galiza no 5,5%, moi por riba da media do Estado (4,9); as traballadoras e traballadores galegos e as persoas pensionistas do noso país, viron reducir o seu poder adquisitivo pois os salarios e as pensións non se revalorizaron do mesmo xeito.

Actualmente, ter un traballo e un salario non garante que as maiorías sociais galegas teñan unhas condicións de vida digna pois, entre outras cuestións, a vivenda converteuse no principal vector de exclusión. A emerxencia habitacional na que nos atopamos é resultado das políticas públicas que desde o Goberno español e a Xunta de Galiza, fixeron dun dereito fundamental como a vivenda, un grande negocio para a especulación.

Neste contexto, para o BNG constitúe unha prioridade política a recuperación de dereitos roubados ás maiorías sociais ampliándoos con outros novos que abrangan todos os ámbitos das nosas vidas.

2.1

VIVENDA

13 medidas, pág. 11

O acceso a unha vivenda converteuse nunha das principais causas de exclusión social. Neste senso, lonxe de estar garantida como dereito, a vivenda é, na actualidade e desde hai anos, un ben para a especulación e un enorme aspirador de rendas. De feito, as familias galegas xa teñen que destinar máis do 31% do que ingresan a pagar a vivenda na que viven e os gastos derivados dela. Uns custes que, segundo o INE, aumentaron o 10% nun só ano. O incremento desorbitado dos prezos dos alugueiros, a proliferación descontrolada de vivendas de uso turístico, a demolición da política social de vivenda e a paralización –durante máis dunha década-- da construción de vivenda pública sitúanse entre as principais causas da emerxencia habitacional na que nos atopamos. Para protexer a función social da vivenda, combater a especulación e asegurar o dereito a unha vivenda digna e accesible para todas as persoas, desde o BNG defendemos:

192.1ViviendaTopar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como…

Topar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como decretar a suspensión automática e indefinida de calquera lanzamento sen alternativa habitacional

Palancas
Cambio legal
202.1ViviendaImpulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a…

Impulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a renovación automática dos alugueiros, blindando por lei o carácter indefinido dos contratos de alugueiro e impulsando mecanismos e recursos para a persecución das prácticas de acoso, discriminación e abuso inmobiliario.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
212.1ViviendaFacilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento

Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento.

Palancas
Gasto e inversión
222.1ViviendaEstabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de…

Estabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de uso turístico.

232.1ViviendaDestinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque…

Destinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque público de alugueiro permanente.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el EstadoPlan o pacto
Territorios
España
242.1ViviendaEstender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen…

Estender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen ánimo de lucro ou de lucro limitado especializadas en vivenda que recibisen financiación pública para tal fin.

Palancas
Gasto e inversión
252.1ViviendaIncrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas…

Incrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas impedindo a diminución do porcentaxe da reserva xeral de solo da edificabilidade residencial en solo urbano non consolidado e solo urbanizable destinado a vivenda protexida.

262.1ViviendaGarantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa…

Garantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa privatización.

Palancas
Gasto e inversión
272.1ViviendaModificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen

Modificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
282.1ViviendaPolas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio

polas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio.

292.1ViviendaModificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural…

Modificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural para que se condicionen á duración dos contratos vixentes e futuros das vivendas ou edificios subvencionados ou ben ao control de rendas durante un período de tempo determinado, co fin de evitar que as melloras, en ámbitos con forte presión especulativa, deriven en finalización de contratos ou subas abusivas.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
302.1ViviendaEstabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia…

Estabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade.

Palancas
Gasto e inversión
312.1ViviendaReformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como:

Reformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como:

Palancas
Cambio legalImpuestos y cotizaciones
2.2

MÁIS DEREITOS PARA A CLASE TRABALLADORA

28 medidas, pág. 14

Diante dos continuados recortes en dereitos e a non reversión das reformas aprobadas no 2012 polo PP, ten aumentado a precarización das condicións laborais e do empobrecemento salarial, que provocan que ter un emprego non garanta a subsistencia material e digna da clase traballadora. O Bloque Nacionalista Galego defende non só a reversión das políticas antisociais e antiobreiras aplicadas (ou mantidas) polos sucesivos gobernos españois, senón avanzar na mellora das condicións materiais de vida e de traballo da maioría social, garantido o dereito a vivir con dignidade dun emprego na nosa terra. Para o que promoveremos a urxente aprobación dunha nova lexislación laboral que restitúa todos os dereitos roubados e favoreza novos dereitos e regulacións que nos fortalezan como clase traballadora ante a nova situación de crise e as novas formas de explotación e precariedade. Con ese obxectivo, o BNG defende:

322.2Empleo y emprendimientoTransferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións

Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións.

Territorios
Galicia
332.2Empleo y emprendimientoRecoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a…

Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais.

342.2Empleo y emprendimientoAdoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira…

Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas.

Colectivos
Empresas e industria
352.2Empleo y emprendimientoCumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos

Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos.

362.2Empleo y emprendimientoDeroga: contrarreformas laborais (mudanza aprobada en 2021)Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha…

Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto do Traballo para restituír, entre outros dereitos:

372.2Empleo y emprendimientoPromover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada…

Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas.

382.2Empleo y emprendimientoIncrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social…

Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do EUROSTAT. Prohibir expresamente que o SMI sexa compensábel ou absorbíbel por outros

392.2Empleo y emprendimientoComplementos salariais

complementos salariais. Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal.

Territorios
Galicia
402.2Empleo y emprendimientoRedefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun…

Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección.

412.2Empleo y emprendimientoDar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos

Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos.

422.2Empleo y emprendimientoDesenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén…

Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia
432.2Empleo y emprendimientoEliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as…

Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
442.2Empleo y emprendimientoReforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación

Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación.

452.2Empleo y emprendimientoImpulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:

Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:

Palancas
Plan o pacto
462.2Empleo y emprendimientoDeroga: IPREM (DL 3/2004)Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda

Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda.

482.2Empleo y emprendimientoRealizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo

Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo.

Palancas
Plan o pacto
492.2Empleo y emprendimientoLimitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación

Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación.

502.2Empleo y emprendimientoLimitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo…

Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial.

512.2Empleo y emprendimientoLimitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de…

Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non obrigatorias).

Colectivos
Empresas e industria
522.2Empleo y emprendimientoGarantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE

Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE.

532.2Empleo y emprendimientoEstabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública

Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública.

542.2Empleo y emprendimientoEliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución…

Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada.

552.2Empleo y emprendimientoRestrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral

Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral.

562.2Empleo y emprendimientoEstabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da…

Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular.

572.2Empleo y emprendimientoAplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación

Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación.

2.3

NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

24 medidas, pág. 18

O Bloque Nacionalista Galego defende o traspaso a Galiza das competencias correspondentes ao réxime da Seguridade Social para garantir unhas pensións dignas para toda a poboación en idade de xubilación. Entre tanto isto non acontece, traballamos para asegurar o sistema público de pensións e mellorar as condicións e a calidade de vida das e dos pensionistas presentes e futuros. Debemos ter en conta que as pensionistas e os pensionistas galegos continúan a percibir as segundas pensións máis baixas do Estado –só por detrás de Extremadura-- e que as reformas aprobadas polos sucesivos gobernos españois nos anos 2011, 2013, 2021 e 2023, poñen en cuestión a viabilidade do sistema público co obxectivo único de promover e favorecer os fondos privados de pensións. Diante desta situación, o BNG defende:

602.3Pensiones y cohesión socialDeroga: reformas das pensións (2011, 2013, 2021, 2023)Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023

Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Cambio legal
612.3Pensiones y cohesión socialIncremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do…

Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT).

Colectivos
Mayores y pensionistas
652.3Pensiones y cohesión socialRecoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos…

Recoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

672.3Pensiones y cohesión socialGarantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo…

Garantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo aos orzamentos e aos impostos que gravan a riqueza, eliminando o tope máximo ás bases de cotización, así como a revisión e redución das bonificacións e descontos nas cotizacións empresariais.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
682.3Pensiones y cohesión socialEliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do…

Eliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do “factor de sustentabilidade", incluíndo tamén a supresión das competencias outorgadas á AIReF en relación á supervisión do sistema público de pensións.

Colectivos
Mayores y pensionistas
692.3Pensiones y cohesión socialDeroga: normas que fomentan plans de pensións privadosDerrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de…

Derrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de privatización ou xestión financeira privada das pensións públicas.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Plan o pacto
702.3Pensiones y cohesión socialMudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola…

Mudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola persoa beneficiaria.

712.3Pensiones y cohesión socialFixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior…

Fixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior penosidade, perigosidade e insalubridade.

722.3Pensiones y cohesión socialMellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por…

Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
732.3Pensiones y cohesión socialElevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen…

Elevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen agardar o prazo de 2027 estabelecido na reforma de 2023, actualizando anualmente a súa contía conforme ao IPC real.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Cambio legal
742.3Pensiones y cohesión socialIncremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez

Incremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez

Colectivos
Mayores y pensionistas
752.3Pensiones y cohesión socialPuntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada

puntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada.

762.3Pensiones y cohesión socialEstabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias…

Estabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias laborais das mulleres, derivadas da precariedade, dos contratos parciais e da asunción dos coidados

Colectivos
Mujeres
772.3Pensiones y cohesión socialIncremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos…

Incremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos seus ingresos reais.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
782.3Pensiones y cohesión socialModulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial

Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial.

792.3Pensiones y cohesión socialAmpliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as…

Ampliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as excedencias por coidados computadas como cotizadas.

802.3Pensiones y cohesión socialEquiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións

Equiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións.

812.3Pensiones y cohesión socialCotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas

Cotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas.

Colectivos
Empresas e industria
822.3Pensiones y cohesión socialDeroga: normas do Ministerio de Seguridade Social e INSSProhibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente…

Prohibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente pública. Derrogar as normas aprobadas polo Ministerio de Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que promoven a celebración de convenios de colaboración a subscribir entre as Consellarías de Sanidade das Comunidades Autónomas, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o INSS para fomentar a atención polas Mutuas dos procesos de IT derivados das patoloxías músculo-esqueléticas.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresPacientes
832.3Pensiones y cohesión socialRevisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas…

Revisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas da situación clínica, das patoloxías e afectacións.

2.4

COMBATER A POBREZA E PROMOVER A INCLUSIÓN SOCIAL

6 medidas, pág. 20

Segundo os datos máis recentes publicados pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galiza) no seu informe ‘Estado da pobreza en Galiza 2026’, no 2025 unhas 600.000 persoas residentes en Galiza – o 22,1% da poboación, estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE), 91.000 persoas máis que no 2024. O risco de pobreza e exclusión social (AROPE) infantil e xuvenil aumentou, sendo o grupo de 18 a 29 anos o que máis incrementa a súa taxa (8,8 puntos ata o 27,6%). A taxa de pobreza aumenta e pasa do 14,2% en 2024 ao 16% en 2025, é dicir, máis de 434.000 persoas, das cales o 16,2%, 228.000 son mulleres e o 15,8%, 206.000 son homes. En canto á poboación pensionista, 361.800 galegas e galegos están por debaixo do limiar da pobreza (873€ ao mes en 14 pagas), o 45,9% do total, é dicir, 11 puntos máis que a nivel estatal (34,9%). Diante desta situación, desde o BNG comprometémonos a:

842.4Pensiones y cohesión socialReclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade…

Reclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade galega, permitindo a creación dunha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral nunha contía non inferior ao SMI.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
852.4Pensiones y cohesión socialAplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social

Aplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social.

Palancas
Plan o pacto
862.4Pensiones y cohesión socialElevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do…

Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Unión Europea
872.4Pensiones y cohesión socialRegular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a…

Regular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a maioría social e retribucións xustas para quen os produce. Aplicación de medidas contundentes contra a especulación nos mercados de alimentos e enerxía, así como contra os beneficios extraordinarios das grandes empresas de distribución e comercio de alimentación.

Colectivos
Empresas e industria
882.4Pensiones y cohesión socialFacilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade…

Facilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade social e mellorar as súas condicións de uso.

892.4Pensiones y cohesión socialEstabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio…

Estabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio das gasolineiras o 24 de febreiro de 2022— que se manterá vixente ata a estabilización dos prezos e a aprobación dunha solución fiscal xusta.

2.5

ACOLLIDA, INCLUSIÓN E DEREITOS DAS PERSOAS INMIGRANTES

10 medidas, pág. 22

Nas últimas décadas a situación migratoria mudou de forma acelerada de xeito que hoxe Galiza é tanto un país emigrante, do que se segue expulsando poboación (especialmente moza), como máis recentemente un país receptor de inmigración. Esta mudanza non é un fenómeno excepcional nin transitorio, senón unha realidade estrutural que ten efectos concretos no tecido social e económico, sobre todo nos sectores máis precarizados do mercado de traballo, desempeñados cada vez máis por persoas inmigrantes –sobre todo mulleres–, a miúdo en condicións de irregularidade e vulnerabilidade. Fronte aos discursos discriminatorios, xenófobos ou racistas, o BNG defende unha Galiza inclusiva, entendida como unha patria colectiva a defender, construír e gozar entre todas e todos mediante a participación activa na vida social, económica, cultural e política. A nación inclusiva que defendemos non se constrúe sobre vínculos étnicos, senón sobre a participación democrática, o acceso a dereitos e a contribución á vida colectiva. Iso require combater o racismo institucional e a xenofobia e construír activamente unha Galiza inclusiva dotada dos instrumentos legais e institucionais necesarios. A irregularidade administrativa é funcionalmente útil para un mercado laboral que se beneficia da man de obra sen protección legal nin capacidade de negociación. Defender os dereitos laborais das persoas migrantes é defender as condicións de traballo do conxunto da clase traballadora galega. En base a isto, propomos:

A garantía ao acceso á lingua galega debe ser parte integral do proceso de acollida desde o primeiro momento. Aprender galego é un dereito e unha ferramenta de participación plena na vida social, cultural e democrática do país e fomenta a identificación con Galiza e o seu pobo. Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela. Nos últimos anos vemos con enorme preocupación o avance de discursos de odio aberta e desacomplexadamente racistas e xenófobos que poñen en cuestión e ameazan os dereitos máis básicos e fundamentais das persoas inmigrantes e do conxunto da sociedade. Para unha forza política como o BNG, construír sociedades inclusivas, orgullosas da súa diversidade e nas que os dereitos humanos de todas as persoas sexan garantidos é unha obriga; porén, na actualidade isto non é así. Moitas persoas son vítimas de comportamentos e actitudes discriminatorias, racistas e xenófobas que proceden do ámbito privado mais tamén do público. Desde o Bloque Nacionalista Galego asumimos o compromiso de:

952.5Inmigración y nacionalidadImpulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo,…

Impulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo, atención sanitaria, educación...) así como favorecer e facilitar os procesos de regularización administrativa.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Palancas
Cambio legal
962.5Inmigración y nacionalidadGarantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou…

Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
972.5Inmigración y nacionalidadReclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida…

Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Palancas
Gasto e inversión
982.5Inmigración y nacionalidadDefender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas

Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas.

992.5Inmigración y nacionalidadDemandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en…

Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Territorios
España
2.6

POLÍTICAS FEMINISTAS PARA AVANZAR NOS DEREITOS DAS MULLERES

33 medidas, pág. 24

Ante o rearme do machismo que experimenta o mundo e o noso contexto máis próximo, a mellor resposta é impulsar novos avances contra cada unha das discriminacións que sufrimos por causa do patriarcado e moi especialmente ante o problema máis importante da vida das mulleres: a violencia machista. Para iso, é fundamental reforzar a resposta desde o sistema público blindando e ampliando os seus servizos e avanzar na lexislación de dereitos para garantir o dereito humano e fundamental das mulleres a vivir unha vida libre de violencias no ámbito público e no privado. Coa loita e organización do movemento feminista, tamén do galego, fomos conquistando dereitos e espazos que nos foran negados. Porén, fica moito camiño por percorrer para acabar coas fendas e coas discriminacións que sufrimos as mulleres. Para iso é fundamental intervir en ámbitos que aínda dependen do Estado como o xudicial ou o laboral e, por iso, en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos.

2.6.1. VIDAS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA

1002.6Seguridad ciudadanaCumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista,…

Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Cambio legal
1012.6Seguridad ciudadanaImpulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen…

Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
1022.6Pensiones y cohesión socialIncrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das…

Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
1032.6Pensiones y cohesión socialGarantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía…

Garantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da libertade sexual, sexan públicos e de xestión directa e reclamar en Galiza a integración dos centros de crise privatizados no sistema público e a adaptación á nosa estrutura territorial e poboacional.

Palancas
Cambio legalGasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
1042.6Pensiones y cohesión socialIntrodución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación…

Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público.

1052.6Instituciones y democraciaReforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024,…

Reforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024, para permitir a presenza de correlativa de máis mulleres nas listas electorais.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Cambio legal
1062.6Pensiones y cohesión socialIntroducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe…

Introducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe integral da violencia machista.

Colectivos
MujeresVíctimas
Palancas
Cambio legal
1072.6Pensiones y cohesión socialMellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes…

Mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes medidas:

Colectivos
Mujeres
1082.6Seguridad ciudadanaGarantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia…

Garantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia machista e realizar as melloras oportunas para rematar cos problemas de cobertura e revitimización existentes no noso país.

Colectivos
MujeresVíctimas
1092.6Seguridad ciudadanaXeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar…

Xeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar periodicamente o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia así como estender os mecanismos de xeolocalización do agresor a partir daqueles casos con valoración de risco medio.

1102.6JusticiaDestinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga

Destinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga.

Palancas
Gasto e inversión
1112.6Pensiones y cohesión socialAvanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas…

Avanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas que eviten os subterfuxios que acaban permitindo visitas dos maltratadores. Así mesmo, avanzar na toma de medidas cautelares ante posíbeis situacións de risco das e dos menores ante a sospeita de exercicio de violencia por parte de adultos referentes, singularmente no ámbito educativo e do tempo libre. En todos estes ámbitos deberá garantirse a escoita, privacidade, seguridade e apoio psicolóxico ás e aos menores.

Colectivos
Menores y alumnos
1122.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións…

Impulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións implicados, directa ou indirectamente, coa prevención e intervención fronte á violencia machista, comezando polas forzas e corpos de seguridade e a Xustiza.

Colectivos
Mujeres
1132.6JusticiaDotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia…

Dotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia, e reorganización da comarcalización das seccións de Ourense e Santiago de Compostela, sen estendela a Lugo e Pontevedra, para corrixir os desequilibrios territoriais e as dificultades que supón para as vítimas os desprazamentos.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Gasto e inversión
1142.6Pensiones y cohesión socialImpulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a…

Impulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a debida persecución destes delitos cando se cometan a través da rede e/ou a través do uso de tecnoloxías e plataformas dixitais (incluída a Intelixencia Artificial).

Colectivos
Mujeres
1152.6Pensiones y cohesión socialOposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de…

Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países.

Colectivos
Mujeres
1162.6Pensiones y cohesión socialDesbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a…

Desbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a protección das vítimas cun enfoque de dereitos, sen ningún tipo de discriminación con base á súa nacionalidade.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Cambio legal
1172.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o…

Impulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor, ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista. Desde o respecto ao dereito de autodeterminación das mulleres e á súa libre elección e mais desde o dereito á vida sen ningunha forma de violencia nin discriminación, impulsaranse medidas conducentes a:

Colectivos
Mujeres
1182.6Pensiones y cohesión socialOfrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o…

Ofrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o queiran cubrindo as súas necesidades persoais básicas (ingresos, aloxamento, emprego, regularización administrativa…).

Colectivos
Mujeres
1192.6Pensiones y cohesión socialPersecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e

Persecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e

1202.6Pensiones y cohesión socialEntidades (Policía, Garda Civil, xulgados, avogacía, inspección de traballo, etc.)

entidades (Policía, Garda Civil, xulgados, avogacía, inspección de traballo, etc.).

1212.6Pensiones y cohesión socialInclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal…

Inclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal integral das mulleres en situación de prostitución que decidan deixar de exercela.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
1222.6ViviendaInclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de…

Inclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de acceso á vivenda.

Colectivos
MujeresVíctimas
1232.6Pensiones y cohesión socialIncorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións…

Incorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións de persecución xudicial por parte dos seus denunciados.

Colectivos
Mujeres

2.6.2 PROMOVER AVANCES PARA UNHA IGUALDADE REAL

1242.6Familia e infanciaRecoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica…

Recoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica —para aquelas cuestións de competencia estatal— que permita garantir os seus dereitos e superar a discriminación estrutural que sofren actualmente.

Colectivos
Familias
Palancas
Cambio legal
1252.6Familia e infanciaImpulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal…

Impulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal e de coidados incluíndo a compensación económica das reducións de xornada, a garantía de ingresos en períodos de excedencia e a achega económica da Administración Xeral do Estado no financiamento da gratuidade das escolas infantís galegas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
1262.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de…

Impulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, promovendo un tratamento informativo adecuado da violencia machista entre as que se incluirá un código ético que deberá ser cumprido para a obtención de fondos públicos.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Gasto e inversión
1272.6Pensiones y cohesión socialCumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias…

Cumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias do BNG para o recoñecemento das enfermidades profesionais das mulleres do marisqueo.

Colectivos
MujeresMundo rural y marPacientes
Palancas
Cambio legal
1282.6Pensiones y cohesión socialFinanciar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a…

Financiar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a fomentar a empregabilidade e o emprendemento.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1292.6Pensiones y cohesión socialPromover un maior control e vixilancia no cumprimento dos convenios colectivos das traballadoras de atención as persoas

Promover un maior control e vixilancia no cumprimento dos convenios colectivos das traballadoras de atención as persoas

1302.6Pensiones y cohesión socialMaiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar

maiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar.

Colectivos
Mayores y pensionistas
1312.6Sanidad y cuidadosImpulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais

Impulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1322.6Sanidad y cuidadosImpulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da…

Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura.

Colectivos
Mujeres
2.7

A DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGBT

11 medidas, pág. 28

O BNG leva décadas apostando polos dereitos do colectivo LGBT nun compromiso que se mantén firme até a actualidade. Logo dos avances lexislativos producidos neste ámbito co goberno de coalición, aprobados co apoio do BNG e doutras forzas soberanistas, a folla de ruta pasa por consolidar e ampliar o acadado. E é que, malia todo, fica moito camiño por percorrer. As persoas que conforman o colectivo LGBT seguen a padecer discriminación e violencia sistémicas, así como a negación dos seus dereitos cívicos (acoso, agresións, unha taxa de suicidio máis elevada...). As persoas non binarias, as persoas trans migrantes e as persoas trans menores de idade fican invisibilizadas e sen recoñecemento axeitado, mesmo despois dos avances normativos recentes. De maneira específica, no tocante ás persoas trans, a despatoloxización legal precisa de ser acompañada dunha “despatoloxización social”, con medidas formativas que faciliten o trato coa Administración ou co sistema sanitario, garantindo os seus dereitos fronte ás violencias e discriminacións. Do mesmo xeito, cómpre avanzar na equiparación de dereitos a nivel laboral e no relativo ás persoas migrantes e solicitantes de asilo. Neste senso, e desde o noso compromiso coa loita contra a discriminación e a LGBTfobia, o BNG propón as seguintes medidas:

1332.7Pensiones y cohesión socialEnvellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector…

Envellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade.

Palancas
Plan o pacto
1342.7Pensiones y cohesión socialLoita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren…

Loita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación.

1352.7Pensiones y cohesión socialPromoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans

Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans.

1362.7Pensiones y cohesión socialApoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo

Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
1372.7Pensiones y cohesión socialA supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como…

A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido.

Palancas
Gasto e inversión
1382.7EducaciónA creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación…

A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino.

Palancas
Reorganizar el Estado
1392.7EducaciónA inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación…

A inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado.

1402.7Sanidad y cuidadosA concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e…

A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI.

Colectivos
Pacientes
1412.7Pensiones y cohesión socialProtección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación

Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación.

1422.7Pensiones y cohesión socialProtección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero

Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero.

Colectivos
Menores y alumnos
2.8

NA DEFENSA DA DEMOCRACIA E DAS LIBERDADES PÚBLICAS

16 medidas, pág. 29

Máis unha vez, un dos obxectivos do Bloque Nacionalista Galego para a próxima lexislatura será a defensa dos dereitos e liberdades públicas, tanto individuais como colectivas. Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego, e dos seus dereitos e liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión. Así mesmo, apoiaremos e promoveremos iniciativas de participación popular en asuntos públicos de interese xeral, en defensa de maiores cotas de democracia. Desde o BNG apoiamos todas aquelas iniciativas reivindicativas para lograr a conservación, a implantación e a extensión dos dereitos civís, económicos, políticos, sociais e culturais, en franco retroceso durante as últimas décadas. Temos a vontade e a convicción firme de que a protección e a extensión de tales dereitos está intimamente conectada cun respecto real e verdadeiro aos dereitos humanos. Por este motivo, o noso compromiso é e será ineludíbel.

2.8.1. DEREITOS E LIBERDADES CÍVICAS.

1442.8Instituciones y democraciaDeroga: Lei MordazaDerrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e…

Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de presunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes.

Palancas
Cambio legal
Territorios
España
1452.8JusticiaDeroga: prisión permanente revisábelDerrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do…

Derrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do principio de reinserción social, así como das medidas de liberdade vixiada unha vez cumprida a pena, baseadas nunha análise subxectiva sobre a “perigosidade” das persoas e en contradición cos principios de rehabilitación e de reinserción social. Así mesmo, traballar para que se garanta o cumprimento das penas impostas aos galegos e galegas en Galiza, ademais do traslado dos que xa están a cumprir penas de prisión noutros territorios do Estado.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
GaliciaEspaña
1462.8Instituciones y democraciaDeroga: delito de desordes públicas agravadasDerrogación do delito de desordes públicas agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais…

Derrogación do delito de desordes públicas agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais de reunión e manifestación, así como do resto de condutas tipificadas como delito que atentan directamente contra o dereito de liberdade de expresión (inxurias contra a Coroa, os Exércitos, as Forzas e Corpos de Seguranza, o Goberno e outras institucións do Estado, do escarnio de crenzas relixiosas ou das denominadas ofensas ou aldraxes aos símbolos nacionais, entre outros).

Territorios
España
1472.8Seguridad ciudadanaRedución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte

Redución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte.

Palancas
Cambio legal
1482.8Instituciones y democraciaTransferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha…

Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia

2.8.2. MEMORIA DEMOCRÁTICA

1492.8Lengua, cultura y memoriaDeroga: Lei de Amnistía de 1977Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes…

Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Cambio legal
1502.8Lengua, cultura y memoriaRecoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo

Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo. Após a sentenza que avanzou na devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás, o BNG comprométese a traballar para que sexa cedido a Galiza garantindo que a titularidade e uso públicos respecten a súa verdadeira historia, reclamando que o espazo se centre na lembranza dos abusos e do espolio dos bens dos galegos e galegas polo ditador Franco e a súa familia e o recoñecemento das vítimas, así como a permitir a participación das entidades memorialistas na súa xestión. Ademais, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide...).

Colectivos
FamiliasVíctimas
Territorios
Galicia
1512.8Lengua, cultura y memoriaRevisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de…

Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto.

Colectivos
FamiliasVíctimas
1522.8Lengua, cultura y memoriaModificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva…

Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias.

Colectivos
FamiliasVíctimas
Palancas
Cambio legal
1532.8Lengua, cultura y memoriaGarantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en…

Garantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en medidas en

1542.8Instituciones y democraciaMateria educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática

materia educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática.

1552.8Instituciones y democraciaDeroga: Lei de Segredos Oficiais; Lei de Seguranza NacionalDerrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e…

Derrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e gasto por parte das institucións militares ou dependentes das forzas e corpos de seguranza do Estado.

Palancas
Cambio legal
Territorios
España

2.8.3. MÁIS CALIDADE DEMOCRÁTICA

1562.8Instituciones y democraciaImpulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade…

Impulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade pública, especialmente durante as convocatorias de procesos electorais, pois garantindo a igualdade no acceso á información avanzamos en democracia.

Palancas
Cambio legal
1572.8Instituciones y democraciaImpulsar a participación directa a través de consultas populares

Impulsar a participación directa a través de consultas populares. Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así como a participación social na planificación e na xestión dos fondos públicos.

Palancas
Gasto e inversión
1582.8Instituciones y democraciaDeroga: Concordato coa Igrexa católicaDenunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun…

Denunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun Estado verdadeiramente laico. Isto suporá a eliminación dos privilexios da Igrexa e a presenza da relixión nas institucións e servizos públicos.

Territorios
España
1592.8Instituciones y democraciaReformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento…

Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legal
Territorios
GaliciaEspaña