08

DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANTIDOS

A soberanía dixital é clave para a democracia, unha economía propia e a continuidade cultural de Galiza. Fronte ao control corporativo, cómpre un modelo que xestione os datos para o ben común, aplique garantías democráticas á IA e poña as infraestruturas ao servizo do desenvolvemento social, industrial e ambiental da nosa terra. Por iso, o BNG defenderá no Congreso unha política soberanista que democratice a tecnoloxía con infraestruturas públicas, protexa a cidadanía dos algoritmos e garanta o galego no ecosistema dixital.

Reivindicamos o dereito a deseñar un sistema propio baseado na tecnodiversidade. Mentres Galiza non poida decidir plenamente sobre a súa esfera dixital, impulsaremos no Estado as seguintes medidas:

8.1

Soberanía dixital, competencias e desenvolvemento dun ecosistema

6 medidas, pág. 75

galego de intelixencia artificial

4178.1Infraestructuras y aguaTransferencia de competencias e recursos

Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
4188.1Productividad e innovaciónDereito á soberanía dixital

Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico.

4198.1Productividad e innovaciónFinanciamento dun ecosistema público galego de IA

Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
4208.1Productividad e innovaciónIA distribuída e modelos especializados

Redirixir os fondos públicos de innovación cara á intelixencia artificial distribuída e a modelos de linguaxe pequenos e especializados, executábeis en infraestruturas locais de baixo consumo enerxético e con aprendizaxe federada que preserve a privacidade.

Palancas
Gasto e inversión
4218.1Productividad e innovaciónTecnoloxía adaptada á realidade produtiva

Fomentar sistemas deseñados para o traballo común entre persoas e a IA que aumenten a produtividade da pequena e mediana produción e da economía dos coidados, rexeitando a substitución de actividades humanas e excluíndo os usos militares e armados.

4228.1Productividad e innovaciónFortalecemento da investigación e innovación

Garantir financiamento estrutural estábel para o ecosistema galego de pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e para os grupos de investigación punteiros en tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía, saúde e sector espacial.

Colectivos
Empresas e industriaPacientes
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
8.2

Dereitos civís, garantías democráticas e control público dos algoritmos

8 medidas, pág. 76

A implantación da intelixencia artificial non pode soster decisións automáticas opacas nin reducir as garantías democráticas. A cidadanía debe coñecer cando intervén un algoritmo e dispoñer de mecanismos para comprender, revisar e impugnar as decisións que afectan os seus dereitos.

4238.2Instituciones y democraciaLei de transparencia algorítmica e supervisión humana

Promover un marco regulatorio estatal que garanta o dereito a recibir información inmediata, comprensíbel e sobre os criterios aplicados cando unha decisión relevante sexa adoptada total ou parcialmente por sistemas automatizados nas administracións públicas ou grandes empresas de servizos esenciais (banca, seguros e telecomunicacións).

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legal
4248.2Instituciones y democraciaDereito de veto algorítmico

Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana.

Colectivos
Empleados públicos
4258.2Instituciones y democraciaAuditorías públicas antisesgo

Crear mecanismos públicos de inspección e auditoría dos algoritmos de interese xeral para detectar e corrixir nesgos de xénero, clase, orixe ou territorialidade que provoquen discriminacións.

4268.2Instituciones y democraciaRexistro estatal de sistemas algorítmicos

Crear un rexistro público dos sistemas de IA empregados na adopción de decisións públicas e prohibir que a concesión ou denegación de prestacións sociais ou dereitos fundamentais dependa de automatismos sen intervención humana efectiva.

4278.2Instituciones y democraciaSupervisión previa dos sistemas de risco sistémico

Obrigar a que os modelos de IA e redes sociais de risco sistémico se sometan á avaliación de organismos públicos independentes antes de saíren ao mercado. Reclamar financiamento para que as nacións do Estado conten con organismos propios de supervisión.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
4288.2Instituciones y democraciaLimitación da vixilancia biométrica

Estabelecer límites estritos ao recoñecemento facial e á vixilancia biométrica masiva en espazos públicos, vetando a policía preditiva e o uso da IA para substituír as decisións xudiciais.

4298.2DefensaProhibición de decisións letais automatizadas

Defender a prohibición internacional e estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas.

4308.2Instituciones y democraciaProtección dos neurodereitos

Impulsar lexislación que garanta a privacidade mental e a libre determinación da identidade fronte á manipulación ou ao rexistro neurocognitivo por parte de corporacións ou Estados.

Palancas
Cambio legal
8.3

Lingua galega, patrimonio cultural e intelixencia artificial soberana

5 medidas, pág. 77

O galego debe estar presente en condicións de igualdade no desenvolvemento da intelixencia artificial e dos servizos dixitais para evitar que o noso futuro dependa de ferramentas privadas que o marxen ou reproduzan nesgos alleos á nosa realidade cultural.

4318.3Lengua, cultura y memoriaFinanciamento das tecnoloxías da lingua

Reclamar partidas orzamentarias estatais específicas e proporcionais para a rexeneración dixital do galego, incluíndo modelos de linguaxe de gran escala públicos, corpus lingüísticos e ferramentas de procesamento de texto e voz.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4328.3Lengua, cultura y memoriaPlena dispoñibilidade do galego

Esixir ás plataformas dixitais a incorporación efectiva e de calidade do galego (en texto e voz) en sistemas operativos, aplicacións e modelos de IA, en igualdade co resto de linguas oficiais.

Territorios
Galicia
4338.3Lengua, cultura y memoriaCooperación galego-portuguesa

Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus. En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
GaliciaPortugal
4348.3Lengua, cultura y memoriaDereito a modelos adaptados á nosa cultura

Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos.

4358.3Productividad e innovaciónCiencia aberta e retorno social

Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
Galicia
8.4

Datos e coñecemento en man común

6 medidas, pág. 78

Os datos xerados colectivamente pola cidadanía, polas Pemes e polas comunidades constitúen unha fonte de valor económico e social que non pode quedar sometida en exclusiva aos intereses das corporacións transnacionais. Defendemos modelos que manteñan a propiedade, o control e o valor dos datos no territorio onde se producen.

4368.4Productividad e innovaciónDesenvolvemento de cooperativas de datos

Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE) 2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
EspañaUnión Europea
4378.4Productividad e innovaciónDatos colectivos como ben común

Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
4388.4Productividad e innovaciónAcceso común ao coñecemento

Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común.

Territorios
EspañaUnión Europea
4408.4Productividad e innovaciónInterese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola…

interese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola hexemonía tecnolóxica bloquee o acceso compartido.

4418.4Productividad e innovaciónGoberno democrático dos datos

Desenvolver instrumentos que garantan a participación das comunidades nas decisións sobre o uso e a reutilización dos datos colectivos, asegurando que os beneficios e o valor revertan no propio territorio.

8.5

Infraestruturas públicas, nube soberana e autonomía tecnolóxica

7 medidas, pág. 79

A dependencia das multinacionais para almacenar e procesar información pública compromete a autonomía das administracións, encarece as licenzas e expón datos sensíbeis a marcos xurídicos estranxeiros. Galiza precisa infraestruturas públicas propias para decidir sobre a custodia e o tratamento da súa información estratéxica.

4428.5Productividad e innovaciónRede pública de almacenamento e computación

Impulsar unha lei de infraestruturas dixitais de propiedade pública e crear unha rede estatal de almacenamento e computación como alternativa soberana ás nubes privadas transnacionais.

Palancas
Cambio legal
4438.5Productividad e innovaciónNube pública galega

Reclamar a transferencia directa de fondos europeos e estatais de dixitalización para que Galiza desenvolva a súa propia infraestrutura pública de servidores, adaptada ás necesidades das administracións, universidades, servizos públicos e do noso tecido produtivo.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4448.5Productividad e innovaciónCustodia pública de datos estratéxicos

Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos.

Palancas
Cambio legal
4458.5Productividad e innovaciónReforma da contratación pública

Modificar a Lei de Contratos do Sector Público e o Esquema Nacional de Seguridade para reducir a dependencia de software privativo extraeuropeo, favorecendo o código aberto, as nubes públicas certificadas e a capacidade de auditoría.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Cambio legal
4468.5Productividad e innovaciónProtección fronte á lexislación extraterritorial

Avaliar e limitar os riscos de contratar provedores tecnolóxicos sometidos a leis de terceiros Estados —como a CLOUD Act estadounidense— que os obriguen a entregar información ao seu goberno, blindando a normativa europea de protección de datos.

Palancas
Cambio legal
4478.5Productividad e innovaciónLingua e cultura na contratación tecnolóxica

Esixir en cada contrato público de software a presenza adecuada do galego e da nosa cultura, garantindo financiamento para nubes públicas federadas que permitan compartir capacidades entre administracións sen perder identidade.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4488.5Productividad e innovaciónCompra pública para a soberanía dixital

Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Palancas
Gasto e inversión
8.6

Redes sociais ao servizo das persoas e liberdade de elección dixital

5 medidas, pág. 80

As plataformas dixitais non deben organizarse para maximizar o tempo de uso, captar datos de comportamento ou condicionar condutas. Fronte a un negocio baseado na explotación da atención, defendemos servizos dixitais transparentes, interoperábeis e sometidos a garantías democráticas.

4498.6Instituciones y democraciaLimitación de algoritmos manipulativos

Esixir ao Goberno do Estado un papel pioneiro na Unión Europea para limitar os algoritmos e os deseños que maximizan de forma deliberada o tempo de uso mediante condutas adictivas.

Territorios
EspañaUnión Europea
4508.6Instituciones y democraciaEconomía da intención

Favorecer a transición cara a un modelo dixital no que as persoas decidan libremente a información que reciben, evitando que os seus intereses sexan delegados en algoritmos comerciais.

4518.6Instituciones y democraciaInteroperabilidade de redes sociais

Impor a interoperabilidade das redes sociais e servizos de mensaxería mediante protocolos abertos e federados, permitindo comunicarse con usuarios doutras plataformas e mudar de servizo sen cancelas tecnolóxicas.

4528.6Instituciones y democraciaAlternativas abertas e descentralizadas

Favorecer o desenvolvemento de servizos dixitais abertos, federados e comunitarios para reducir a dependencia das grandes corporacións e potenciar a capacidade de decisión cidadá.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
4538.6Instituciones y democraciaTransparencia e pluralismo

Reforzar as garantías e auditorías sobre o funcionamento dos sistemas de recomendación para coñecer os criterios que condicionan a visibilidade e a circulación dos contidos en Internet.

8.7

Fiscalidade e retorno social do valor dixital

4 medidas, pág. 81

O modelo de negocio das multinacionais tecnolóxicas xera inxentes beneficios privados a partir de recursos e información que proceden do conxunto da sociedade. Cómpre estabelecer mecanismos fiscais e de control que garantan unha xusta redistribución de devandito valor e axuden a financiar as nosas propias infraestruturas públicas.

4548.7ImpuestosFiscalidade do capitalismo de vixilancia

Promover no marco estatal e europeo a tributación do negocio baseado na extracción masiva de datos, gravando esta actividade segundo o volume real de persoas usuarias en cada territorio.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
4558.7ImpuestosRetorno fiscal ás comunidades

Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
4568.7ImpuestosTributación efectiva contra a elusión

Defender medidas estritas contra a enxeñaría fiscal e a concentración de beneficios das grandes plataformas, obrigándoas a contribuír de forma xusta aos servizos públicos dos territorios onde operan.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
4578.7ImpuestosFinanciamento de capacidades propias

Vincular as políticas fiscais e de investimento público ao desenvolvemento dunha economía dixital soberana que apoie a innovación, o software libre e o tecido de pequenas e medianas empresas galegas.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
8.8

Sustentabilidade ambiental e loita contra o extractivismo dixital

8 medidas, pág. 81

A expansión das infraestruturas dixitais non pode xustificar a sobreexplotación dos recursos naturais nin o consumo insostíbel de auga e enerxía. A implantación de centros de datos e a extracción de minerais críticos deben estar subordinadas á planificación pública, á sustentabilidade e ao retorno social e industrial do noso país.

4588.8Energía y climaReforma da Lei de Telecomunicacións e do Sector Eléctrico

Impulsar cambios normativos estatais para estabelecer límites estritos e vinculantes á implantación de macrocentros de datos privados, garantindo a súa compatibilidade coas necesidades do territorio.

Palancas
Cambio legal
4598.8Infraestructuras y aguaAuditorías hídricas e ambientais

Condicionar calquera proxecto tecnolóxico a unha avaliación rigorosa que garanta que o seu consumo de auga non sature os acuíferos nin prexudique o abastecemento da poboación e dos ecosistemas.

4608.8Energía y climaEnerxía renovábel e capacidade da rede

Esixir que estas grandes infraestruturas se abastezan ao 100% con enerxías renovábeis de nova xeración propias, impedindo que saturen a rede pública ou despracen outros usos prioritarios.

4618.8Energía y climaAproveitamento obrigatorio de calor residual

Promover o uso obrigatorio da calor xerada polos centros de datos para abastecer industrias, servizos públicos ou redes de calefacción locais, revertendo de xeito produtivo no territorio.

4628.8Energía y climaParticipación, canon e retorno territorial

Estabelecer plans industriais vinculantes e un canon específico por capacidade instalada que vaia destinado integramente a financiar a transición dixital e o desenvolvemento local das comunidades afectadas.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
4638.8Energía y climaFin dos enclaves extractivos dixitais

Opoñerse ao sovereignty washing de multinacionais que usan os recursos galegos sen xerar valor engadido real. Baixo estes criterios de control e sustentabilidade examinaranse proxectos como o centro de datos de Curtis vinculado a Microsoft.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4648.8Energía y climaMinerais críticos e transformación industrial

Promover normativa para que os proxectos de minería estratéxica de transición dixital (como o litio ou o cobre) estean condicionados por lei á súa transformación industrial e á creación de valor tecnolóxico en Galiza.

Palancas
Cambio legalReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
4658.8Energía y climaCohesión contra os custos ambientais

Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra.

Territorios
Galicia
8.9

Galiza como nodo de interconexión dixital atlántico

5 medidas, pág. 82

Galiza dispón dunha posición estratéxica na fachada atlántica ideal para coliderar un ecosistema dixital propio, cooperar co norte de Portugal e crear actividade tecnolóxica de alto valor. Esta oportunidade debe aproveitarse cun modelo de infraestruturas ao servizo do desenvolvemento económico do

4668.9Infraestructuras y aguaNoso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos

noso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos.

Palancas
Gasto e inversión
4678.9Infraestructuras y aguaAmarre de cables submarinos internacionais

Impulsar desde o Estado a posición xeoestratéxica de Galiza como nodo de interconexión atlántico, promovendo activamente o amarre de cables submarinos internacionais na costa galega baixo estritos criterios de sustentabilidade ambiental.

Territorios
GaliciaEspaña
4688.9Infraestructuras y aguaCorredor dixital atlántico

Promover un corredor de conectividade e alta tecnoloxía co norte de Portugal e a cornixa cantábrica que favoreza o intercambio científico, a cooperación en innovación e o pulo a un tecido de Pemes de alto valor engadido.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Territorios
Portugal
4698.9Infraestructuras y aguaPlanificación territorial de infraestruturas

Reclamar que a lexislación estatal subordine os centros de datos á planificación e control das administracións territoriais competentes, garantindo que sirvan para potenciar os ecosistemas produtivos locais.

Palancas
Cambio legal
4708.9Infraestructuras y aguaRetorno industrial e valor engadido

Orientar todas as novas redes e infraestruturas atlánticas cara á creación de actividade industrial real, o fortalecemento da investigación pública e a innovación, asegurando que a nosa xeografía se traduza en capacidade efectiva de decisión.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado