03

DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE

O BNG defende e traballa a prol dunha sociedade máis xusta, equitativa e solidaria. Para conquistala son imprescindíbeis uns servizos públicos, universais, fortes e de acceso gratuíto, así como datos dos medios humanos e materiais necesarios para atender coa máxima calidade as necesidades presentes e futuras das galegas e dos galegos.

Porén, o centralismo na repartición de recursos económicos fai que Galiza reciba menos financiamento do que lle correspondería e limita a capacidade para soster os nosos servizos públicos esenciais.

3.1

EDUCACIÓN

19 medidas, pág. 33

A educación, como piar básico na construción dunha sociedade galega xusta, solidaria e igualitaria, está no celme das políticas do BNG. Consideramos que os poderes públicos teñen que garantir unha educación pública, universal e gratuíta de 0 a 18 anos que contribúa para formar persoas críticas e libres, para a transformación social, para a normalización lingüística, para valorar e coñecer a nosa cultura e historia e para o desenvolvemento integral de Galiza. Cremos nun ensino integrador e coeducativo, democrático e feminista, que faga da equidade social o seu elemento vertebrador. Un modelo educativo galego, asentado na nosa realidade, co impulso das nosas potencialidades e ao servizo das necesidades da nosa sociedade, só se pode construír desde o ensino público e cuns fondos alicerces na laicidade, na coeducación, na inclusión, na igualdade de oportunidades e na democracia. Unha educación concibida como un servizo público, cuns altos niveis de calidade e ao servizo do pobo e dunha Galiza soberana, precisa dotarse de todas a competencias para a súa ordenación no ámbito galego. O actual sistema educativo emana do Estado centralista que, mediante os artigos 3 e 27 da Constitución, asegura a privatización, a confesionalidade e a españolización do ensino. O Estado continúa reservando para si numerosas competencias que impiden conformar un sistema educativo propiamente galego. A reforma da LOMCE coa aplicación da LOMLOE é exemplo de que a alternancia no goberno estatal pode introducir mudanzas, mais o control do sistema educativo é un elemento consubstancial coa visión centralista e unitaria do Estado; unha visión que só o soberanismo puxo e pon en cuestión. Entre tanto o Estado mantiver as competencias básicas en educación, propomos:

1603.1EducaciónSuperar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución

Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza.

Territorios
Galicia
1613.1EducaciónEstabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado…

Estabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado e do sistema educativo, tanto no ensino non-universitario (LOMLOE, LOFP) como no universitario (LOSU) e que, por tanto, parta da configuración plurinacional e plurilingüe do Estado; que Galiza poida organizar e ordenar o sistema educativo mediante unha Lei galega de educación que regule o noso sistema educativo até o Bacharelato, unha Lei galega de formación profesional, unha Lei de ensinanzas artísticas superiores que permita que os centros que imparten estas ensinanzas poidan adscribirse á universidade e unha Lei do Sistema Universitario Galego.

Palancas
Cambio legal
Territorios
GaliciaEspaña
1623.1EducaciónPromover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e…

Promover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, sustentado nunha única rede de ensino, a pública, con servizos complementarios, con libros de texto, material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático.

Territorios
Galicia
1633.1EducaciónTransferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un…

Transferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un modelo educativo propio. Traspaso de todos os programas educativos e dos centros educativos e formativos situados en Galiza adscritos á Administración central e de todas as competencias para poder elaborar os plans de estudo e os deseños curriculares en todas as etapas educativas, así como a política de bolsas de estudo para ensino non-universitario; organizar todas as ensinanzas e estabelecer

Palancas
Plan o pacto
Territorios
Galicia
1643.1EducaciónOs currículos escolares de todas as materias e fixar os criterios de avaliación do proceso de aprendizaxe e da promoción…

os currículos escolares de todas as materias e fixar os criterios de avaliación do proceso de aprendizaxe e da promoción do alumnado para fixar un ensino inclusivo e integrador que dea unha resposta satisfactoria e adecuada ao alumnado con necesidades especiais.

1653.1EducaciónGarantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes,…

Garantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes, fixar o sistema de acceso á función pública docente, con plena autonomía para suprimir as taxas de reposición de efectivos nas ofertas de emprego público e así poder dotar o ensino público do profesorado que precise; regular a competencia e composición de todos os órganos colexiados e da elección democrática das direccións por e entre quen integra os propios centros, eliminando a libre designación nos Centros Integrados de FP.

1663.1EducaciónDefender inequivocamente o ensino público

Defender inequivocamente o ensino público. Regular a admisión do alumnado nos centros educativos para estabelecer, mentres non se suprimiren, os concertos educativos. Por conseguinte, sermos especialmente vixilantes co cumprimento efectivo da eliminación dos concertos educativos dos centros que segregan alumnado por razón de xénero, controlando que o modelo de segregación desapareza dos centros que reciben fondos públicos e aplicando medidas sancionadoras no caso do incumprimento da lei. No camiño da supresión dos concertos en todos os niveis educativos, eliminación destes no ensino non-obrigatorio e control do financiamento alleo aos concertos nos centros sostidos con fondos públicos.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1673.1EducaciónPromover un ensino laico

Promover un ensino laico. A materia de Relixión non formará parte do currículo escolar, xa que é incuestionábel que a difusión da fe relixiosa corresponde ao ámbito privado e familiar. Neste sentido, será denunciado e renegociado o concordato coa Santa Sé e os acordos coas demais confesións relixiosas.

1683.1EducaciónDotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación…

Dotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación até lle dedicar, como mínimo, 7% do PIB.

Colectivos
Mayores y pensionistas
1693.1EducaciónDefender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade…

Defender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade pública e permita exercer todas as competencias no ámbito galego mediante unha lei propia que evite a privatización do SUG e que permita a plena competencia para regular os plans de estudo das ensinanzas universitarias, actualmente limitadas polo RD 43/2015.

Palancas
Cambio legalPlan o pacto
Territorios
Galicia
1703.1EducaciónRegular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de…

Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
1713.1EducaciónIncrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen…

Incrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1723.1EducaciónTransferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional…

Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
1733.1EducaciónTransferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo…

Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior.

Palancas
Gasto e inversión
1743.1EducaciónMellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza

Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza.

Territorios
Galicia
1763.1EducaciónProgramas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal

Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal.

Palancas
Plan o pacto
1773.1EducaciónProgramas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas…

Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1783.1EducaciónProgramas específicos de financiamento de transporte universitario

Programas específicos de financiamento de transporte universitario.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
3.2

SANIDADE

20 medidas, pág. 36

A situación da sanidade pública é un dos primeiros temas de preocupación para a poboación galega; algo máis que xustificado, xa que o seu deterioro non fai máis que aumentar. A situación non pode máis que cualificarse de alarma sanitaria, na que as persoas máis vulnerábeis son as máis afectadas. Tanto o Goberno español como o galego poñen todo o empeño, non en solucionar os problemas, senón en controlar a realidade a través do relato, para materializaren o seu plan clarísimo de empuxarnos cara á sanidade privada. A situación actual non é froito da casualidade, ou dunha situación sobrevida; máis ao contrario, é o resultado dunha voadura programada, que levan materializando desde hai tempo, nun obxectivo claro de mercantilizar a sanidade, converténdoa en nicho de negocio, coa consecuente perda do dereito á universalidade sanitaria, a introdución de novos copagamentos para toda a poboación, a redución de prestacións, a redución de persoal, o incremento substancial das privatizacións, a redución orzamentaria... O BNG aspira a que Galiza asuma a plena capacidade para rexer o seu sistema sanitario, sen interferencias de ningún tipo. En todo o caso, mentres o Estado continúe reservando para si a potestade da lexislación básica e manteña un modelo de financiamento que nos prexudica e que afecta tamén o funcionamento dos servizos públicos, defenderemos:

1793.2Sanidad y cuidadosAumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento…

Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaUnión Europea
1803.2Sanidad y cuidadosGarantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da…

Garantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1813.2Sanidad y cuidadosGarantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas…

Garantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas interpretativas que ampararen a exclusión, orientada no fondo e na forma á cobertura sanitaria pública, con garantías, e de calidade para todas as persoas.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1823.2Sanidad y cuidadosAmpliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que…

Ampliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que permita prestacións como o acceso ás prestacións ortoprotésicas ou a rehabilitación a doentes con déficit funcional recuperábel para todas as persoas que as precisen, con financiamento 100% público; así como as prestacións sanitarias actualmente fora da atención primaria, ou só parcialmente financiadas como asistencia odontolóxica,

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1833.2Sanidad y cuidadosPodoloxía, óptico-optometrista, terapia ocupacional, logopedia, nutricionistas

podoloxía, óptico-optometrista, terapia ocupacional, logopedia, nutricionistas...

1843.2Sanidad y cuidadosModificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento…

Modificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento da prestación farmacéutica para pór fin ao modelo actual de copagamentos e repagamentos que se revela como un imposto á enfermidade.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
1853.2Sanidad y cuidadosEstabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores…

Estabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores e requisitos mínimos, básicos e transparentes, en materia de información sobre as listas de agarda de consultas externas, probas diagnósticas/terapéuticas e intervencións cirúrxicas.

Colectivos
Pacientes
1863.2Sanidad y cuidadosEliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as…

Eliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as competencias de Galiza en materia de persoal en ámbitos que ten transferidos, como é sanidade.

Colectivos
Pacientes
Territorios
GaliciaEspaña
1873.2Sanidad y cuidadosDotarnos de capacidade normativa e financeira para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo…

Dotarnos de capacidade normativa e financeira para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo e sanitario en saúde, con coordinación entre as universidades e o SERGAS, así como con estabilización do persoal investigador.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1883.2Sanidad y cuidadosTransferir a Galiza todas as competencias relacionadas cos programas de formación MIR, EIR, PIR

Transferir a Galiza todas as competencias relacionadas cos programas de formación MIR, EIR, PIR... e incrementar o número de prazas consonte as necesidades reais que presenta o SERGAS de cobertura de profesionais.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
Galicia
1893.2Sanidad y cuidadosImpulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación…

Impulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación especializada, das e dos profesionais no sistema sanitario público, garantindo que os vínculos sexan estábeis e con condicións laborais dignas.

1903.2Sanidad y cuidadosLevar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos…

Levar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos servizos de saúde á xubilación anticipada e parcial, atendendo á realidade específica do persoal estatutario e funcionario dos servizos de saúde, así como tomando en consideración as súas singularidades.

Colectivos
Empleados públicosPacientes
1913.2Sanidad y cuidadosModificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións…

Modificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións sanitarias outras non contempladas actualmente como a que realizan as profesionais da Bioloxía no ámbito da investigación biosanitaria e asistencial.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1923.2Sanidad y cuidadosActualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e…

Actualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais.

Colectivos
Pacientes
1933.2Sanidad y cuidadosCrear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización…

Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas.

Colectivos
Pacientes
Territorios
Galicia
1943.2Sanidad y cuidadosRecuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario

Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario.

1953.2Sanidad y cuidadosImpulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público…

Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público de forma adecuada.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1963.2Sanidad y cuidadosEstabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no…

Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a evolución das enfermidades, así como:

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1973.2Sanidad y cuidadosTraspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de…

Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
1983.2Sanidad y cuidadosDeroga: disposición transitoria 3.ª do EBEPElaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3…

Elaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo 76.

3.3

PERSOAS MAIORES, PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIAE PERSOAS CON DISCAPACIDADE (SAAD).

8 medidas, pág. 40

As competencias en materia de coidados e benestar son da Xunta de Galiza, porén, o Goberno español ten a obriga de financiar o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia Neste senso, a reforma aprobada en 2026 das leis de dependencia e de discapacidade obriga –de maneira explícita-- a Administración Xeral do Estado a financiar o 50% do SAAD, algo que o nacionalismo galego vén reclamando historicamente. Fronte ao modelo do Partido Popular que privatiza e fai negocio coa vellez, desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos que a atención ás persoas maiores, ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade constitúe un piar fundamental do estado do benestar polo que os seus dereitos deben estar garantidos a través dunha rede de servizos públicos fortes. Para tal fin, desde o BNG, comprometémonos a:

1993.3Pensiones y cohesión socialExixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar…

Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
Galicia
2003.3Pensiones y cohesión socialExixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados…

Exixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados (residencias, centros de día e de noite; o Servizo de Axuda no Fogar, centros de coidados intermedios...) e non a promover a privatización.

Palancas
Gasto e inversión
2013.3Pensiones y cohesión socialReclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das…

Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores.

Colectivos
Mayores y pensionistas
2023.3Pensiones y cohesión socialGarantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas…

Garantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas da Administración Xeral do Estado, facilitando a accesibilidade aos servizos públicos.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
2033.3Pensiones y cohesión socialImpulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións…

Impulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións e servizos dependentes do Estado.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
2043.3Pensiones y cohesión socialGarantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e…

Garantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e financiamento da figura da asistencia persoal.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Gasto e inversión
2053.3Pensiones y cohesión socialGarantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica…

Garantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica que perciben (CUME) garantindo que esta se vincula exclusivamente coa gravidade da enfermidade e coa necesidade acreditada de coidados directos, continuos e permanentes.

Colectivos
FamiliasMenores y alumnosPacientes
2063.3Pensiones y cohesión socialImplantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando…

Implantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando os servizos de autonomía e proximidade á distinta realidade plurinacional e territorial do Estado.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Territorios
España
3.4

GARANTÍAS DE BO GOBERNO

7 medidas, pág. 41

3.4.1 O Bloque Nacionalista Galego apoiará e impulsará medidas que avancen na loita contra a corrupción, entre as que se inclúen

2073.4Instituciones y democraciaInhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións…

Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados.

2083.4Instituciones y democraciaRegulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a…

Regulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a compatibilidade profesional polas propias Cámaras daquelas persoas que ostentaren a condición de deputadas e senadoras.

2093.4Instituciones y democraciaPara favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar

Para favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar

2103.4Instituciones y democraciaReformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser:

reformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser:

Palancas
Cambio legal
2113.4Instituciones y democraciaSupresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a…

Supresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a autonomía de cada institución.

2123.4Instituciones y democraciaModificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa,…

Modificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa, publicando nos perfís de contratación as licitacións negociadas.

Palancas
Cambio legal
2133.4Instituciones y democraciaFomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de…

Fomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de integridade e transparencia públicas, así como o impulso dun modelo de contratación pública que contribúa ao crecemento sustentábel e que integre unha perspectiva social e ambiental nos criterios de adxudicación, baseado tamén na equidade e na xustiza sociais, e tendente a fixar investimento produtivo estábel pensado para unha economía de pequena escala, como son as PEMES.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
3.5

REESTRUTURACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ESTATAL NA GALIZA

3 medidas, pág. 42
2143.5Administración y gastoReestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado

Reestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado. Supresión da administración periférica do Estado e tamén dos departamentos ministeriais con competencias transferidas.

Territorios
España
2153.5Administración y gastoSupresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a…

Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
2163.5Administración y gastoDeroga: reforma localTransitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que…

Transitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que limita a autonomía neste ámbito e a prestación de servizos públicos municipais.

Palancas
Cambio legal