04

A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS

4.1

POR UNHA NOVA FISCALIDADE

20 medidas, pág. 43

Existe unha penalización fiscal das rendas do traballo fronte ás do capital. Por iso, en tanto non acadarmos un modelo de financiamento adecuado para o noso país que nos capacite para regular e recadar todos os impostos, defendemos promover reformas na lexislación estatal para lograr un incremento da progresividade na tributación dos rendementos do capital e das rendas máis altas, porque o sistema actual discrimina as persoas cuxa principal fonte de ingresos é o traballo. En primeiro lugar, a respecto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), consideramos preciso:

A respecto do Imposto sobre Sociedades (IS), propoñemos impulsar as seguintes medidas:

2224.1ImpuestosDeber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio…

Deber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio social noutras partes do Estado.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
GaliciaEspaña
2234.1ImpuestosEstabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa

Estabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa.

Colectivos
Empresas e industria
2244.1ImpuestosAplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados

Aplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados.

2254.1ImpuestosAplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de…

Aplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de capitalización ás entidades de reducida dimensión ou PEMES, premiando a non-distribución dos beneficios, para que as empresas se capitalicen cos seus propios beneficios en lugar de recorreren ao financiamento externo, reducindo a súa débeda.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2264.1ImpuestosEstabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores…

Estabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores estratéxicos galegos.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia

En relación co Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), por se tratar dun imposto indirecto que deben pagar as persoas con independencia do seu nivel de renda, e que supón unha traba no acceso a bens básicos no caso das rendas máis baixas e das clases populares, defendemos:

2274.1ImpuestosReducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no…

Reducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no tramo superreducido.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
2284.1ImpuestosEstabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal…

Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2294.1ImpuestosRebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de…

Rebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de subministracións básicas ao 5% e estabelecer a súa permanencia.

2304.1ImpuestosEstabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE)…

Estabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) do 5,1 % ao 0,5 %.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
2314.1ImpuestosBlindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas,…

Blindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas, reducir os límites de exención, aumentar a súa progresividade e traspasar a súa xestión á Galiza.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
Galicia

Así mesmo, consideramos preciso introducir propostas novas no ámbito fiscal que acheguen xustiza social e de respecto polo patrimonio público, como por exemplo:

2324.1ImpuestosPromover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e…

Promover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e recursos suficientes, para conseguir una maior equidade e xustiza social na repartición das cargas tributarias.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
2334.1ImpuestosProhibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades…

Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2344.1ImpuestosEstabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos…

Estabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos naturais, cuxa finalidade, máis que recadatoria, sexa a modificación de condutas que inciden negativamente sobre o medio.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
2354.1Administración y gastoReclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento…

Reclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo.

2364.1Administración y gastoSeguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de…

Seguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo.

4.2

SECTOR INDUSTRIAL

11 medidas, pág. 45

O noso sector industrial está a atravesar unha grave crise que se manifesta na descapitalición, na deslocalización e na regresión social, ocupando un papel subordinado na especialización produtiva. Ademais, estase a dar un predominio do extrativismo sobre a industria de transformación. O BNG defende un planeamento autocentrado que artelle un ecosistema industrial propio, capaz de reducir a nosa dependencia funcional, compatíbel co alto grao de apertura externa da nosa economía e competitivo para completar en Galiza os ciclos produtivos e de adaptarse ás novas revolucións tecnolóxicas. En concreto, o BNG defende:

2374.2Productividad e innovaciónO saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria

O saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria

Colectivos
Empresas e industria
2384.2Productividad e innovaciónAuxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería…

auxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería destinarse un incremento considerábel dos fondos e da porcentaxe do PIB.

Palancas
Gasto e inversión
2394.2Productividad e innovaciónO Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios…

O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
2404.2Productividad e innovaciónA oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas…

A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2414.2Productividad e innovaciónPromoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a…

Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol.

Territorios
Galicia
2424.2Productividad e innovaciónConverter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a…

Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza.

Palancas
Cambio legalGasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
2434.2Productividad e innovaciónExixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a…

Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría.

2444.2Productividad e innovaciónTransferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de…

Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
2454.2Productividad e innovaciónEstabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de…

Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
2464.2Productividad e innovaciónReorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou…

Reorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou indirecta, apostando na blindade dos sectores e actividades estratéxicas,

Palancas
Plan o pacto
2474.2Productividad e innovaciónNomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as…

nomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as comunicacións.

Territorios
Galicia
4.3

SECTORES PRIMARIOS

24 medidas, pág. 47

O BNG defende a economía produtiva do noso país, por iso denunciamos o recorte orzamentario previsto pola UE e o Estado español no Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034 que prevé investir un de cada tres euros a armas, é dicir, o 33%, mentres que só o 22% a políticas sociais e o 18% a agricultura e pesca. Isto supón multiplicar por dez o orzamento actual destinado ao gasto militar a conta de recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%).

4.3.1. SECTOR AGROGANDEIRO

Os resultados das políticas estatais e comunitarias no agro galego foron unha fonda transformación que non favoreceu ao noso país. Minguou a capacidade produtiva do sector primario que é a orixe da fixación da poboación e o emprego xerado no rural, que se baleira a grande velocidade mudando a estrutura demográfica galega. Non entanto, dende o BNG acreditamos no futuro do noso agro, tendo como orixe do seu crecemento o reforzo das nosas producións tanto alimentarias coma forestais, con modelos que respecten e aprecien aos produtores e fomenten a transformación do noso produto para xerar valor engadido en Galiza, cun apoio claro á industrialización e ao consumo de produtos do noso sector primario, tanto a través do impulso dun modelo de mercado e de compra pública de proximidade, cunha aposta decidida pola diferenciación e a calidade. O traballo do BNG terá como obxectivos:

2484.3Campo, mar y mundo ruralA modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con…

A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo que non se fan vendas por debaixo de custos de produción. Para esta protección apoiaranse en datos derivados

Palancas
Cambio legal
2494.3Campo, mar y mundo ruralDe estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias…

de estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias particularidades nos distintos sectores produtivos, garantindo a viabilidade do sector agrogandeiro galego.

Territorios
Galicia
2504.3Campo, mar y mundo ruralImpulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras…

Impulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras galegas e favorezan a viabilidade dos produtores, achegando aos consumidores produtos de calidade diferenciada, tanto frescos coma transformados, favorecendo producións respectuosas co medio ambiente, favorecendo a economía e a cohesión social.

Territorios
Galicia
2514.3Campo, mar y mundo ruralProtección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir…

Protección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir tanto na gandería como na agricultura e que ten efectos nocivos sobre o noso agro, con perdas económicas incalculábeis derivadas da súa chegada. A loita contra elas ten que ser conxunta, coa achega dos recursos precisos, tanto económicos coma humanos, que garantan a protección do noso sector produtivo e poñan a disposición as medidas preventivas precisas en cada momento e os informes, análises e estudos que permitan estar preparados e informados.

Colectivos
Mundo rural y marPacientes
Palancas
Gasto e inversión
2524.3Campo, mar y mundo ruralRexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o…

Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
GaliciaUnión Europea
2534.3Campo, mar y mundo ruralDefensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario…

Defensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario galego, evitando os prexuízos que determinadas normativas traen as nosas explotacións agrogandeiras a hora de acceder as axudas da PAC.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
2544.3Campo, mar y mundo ruralFronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE…

Fronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE multiplicando por dez o seu orzamento actual en Defensa a conta de centralizar e recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%), esiximos a xestión descentralizada e o incremento dos fondos para o desenvolvemento territorial, a produción e a soberanía alimentaria, a sustentabilidade e o futuro dos nosos sectores produtivos. Nesta campo hai que ter en conta a forte incidencia que pode traer aos nosos concellos a posíbel

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Unión Europea
2554.3Campo, mar y mundo ruralDesaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural

desaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural.

2564.3Campo, mar y mundo ruralDefensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque…

Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais.

Palancas
Reorganizar el Estado
2574.3Campo, mar y mundo ruralO Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra…

O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural.

Territorios
GaliciaEspaña

4.3.2. SECTOR PESQUEIRO

Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-industria. Porén, o feito de seren outros —Madrid e Bruxelas— os que deciden por nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a súa actividade derivada. Precisamos que sexa Galiza a que negocie directamente os tratados pesqueiros con terceiros países, nomeadamente con Portugal no relativo á cota da sardiña. No inmediato, o BNG reclama:

2584.3Campo, mar y mundo ruralO recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”

O recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2594.3Campo, mar y mundo ruralEliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación…

Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega.

Territorios
Galicia
2604.3Campo, mar y mundo ruralO recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza , a súa participación e consentimento naquelas cuestións…

O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza , a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
2614.3Campo, mar y mundo ruralA negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector

A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2624.3Campo, mar y mundo ruralA exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas

A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas .

Colectivos
Mundo rural y mar
2634.3ImpuestosA redución do IVE aos produtos pesqueiros

A redución do IVE aos produtos pesqueiros.

Colectivos
Mundo rural y mar
2644.3Energía y climaA necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma…

A necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma continental da costa galega e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas.

Territorios
Galicia
2654.3Campo, mar y mundo ruralO estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético

O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético. Transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, ISM, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado a Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
2664.3Infraestructuras y aguaEstudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a…

Estudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a ineficacia para o noso pais do sistema unitario agora instalado, e poder desenvolver o saneamento integral real e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas.

Territorios
Galicia
2674.3Campo, mar y mundo ruralEvitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do…

Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza.

Colectivos
Empleados públicos
Territorios
GaliciaUnión Europea
2684.3Campo, mar y mundo ruralA implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación…

A implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre:

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
2694.3Infraestructuras y aguaTransferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e…

Transferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e reorganizando os espazos portuarios para poder devolver á cidadanía o esforzo social que supuxo a creación dos portos.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
España
2704.3Campo, mar y mundo ruralTransferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo

Transferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo.

As casas do mar son de grande importancia para o sector marítimo galego, xa que permiten ducharse en condicións dignas ou durmir unhas horas cando estás lonxe do teu domicilio. Cos anos e coa escusa da baixa rendibilidade económica fóronse pechando e deixando esmorecer. Eran un servizo vital para moita xente.

2714.3Campo, mar y mundo ruralA exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca

A exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Unión Europea
4.4

UN COMPROMISO FIRME COAS PERSOAS AUTÓNOMAS

6 medidas, pág. 51

As persoas traballadoras autónomas constitúen un piar fundamental da economía galega. De feito, o traballo autónomo representa en Galiza o 18,8% do total da ocupación, tres puntos máis que a media do Estado. As persoas autónomas son protagonistas da actividade económica, da creación de emprego, da dinamización do comercio local, da prestación de servizos e do mantemento da vida económica e social das nosas cidades, vilas, barrios e municipios. Neste senso, o traballo autónomo ten unha importancia estratéxica para o equilibrio territorial, especialmente no medio rural, onde pequenos negocios, explotacións agrogandeiras, actividades vinculadas ao mar, comercios e profesionais independentes contribúen a fixar poboación e a combater o despoboamento. Desde o BNG, defendemos un modelo económico no que emprender e traballar por conta propia sexan unha opción profesional digna e viábel e non unha carreira de obstáculos. Por iso, as nosas propostas van encamiñadas a garantir os dereitos e mellorar as condicións do traballo autónomo. Neste sentido o BNG aposta por:

2724.4Empleo y emprendimientoPromover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas

Promover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2734.4Empleo y emprendimientoTraballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea…

Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea , especialmente en materia de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2744.4Empleo y emprendimientoPromover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade

Promover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade.

2754.4Empleo y emprendimientoDefender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade

Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade.

2764.4Empleo y emprendimientoDefender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas…

Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2774.4Empleo y emprendimientoImpulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda…

Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social.

Colectivos
MujeresAutónomos, pymes y emprendedores
4.5

CIENCIA E INVESTIGACIÓN

4 medidas, pág. 52

Sen ciencia non hai futuro. Esta é unha premisa incuestionábel nos tempos actuais. A xeración de coñecemento, a investigación, o desenvolvemento e a innovación son un sector produtivo, panca de desenvolvemento social, económico e cultural para calquera país. Porén, para que exista ciencia precísase investimento, público e privado, e unhas condicións laborais dignas que permitan desenvolver unha carreira profesional estábel, cun horizonte claro e en contornas estimulantes. É dicir, precísase construír ciencia con dereitos. Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego, propomos:

2784.5Productividad e innovaciónElevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030

Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030.

Palancas
Gasto e inversión
2794.5Productividad e innovaciónGarantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos…

Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas.

Palancas
Gasto e inversión
2804.5Productividad e innovaciónTransferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do…

Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
2814.5Productividad e innovaciónContinuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun…

Continuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais:

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
4.6

POR UNHA TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA

46 medidas, pág. 53

Estamos nun momento de profundas transformacións no ámbito enerxético, marcado pola necesidade de deixar atrás os combustíbeis fósiles. Galiza ten en materia de enerxía unha posición estratéxica. Por unha banda, foinos adxudicado desde hai décadas un papel produtor e estamos xa especializados na xeración de electricidade. Por outra banda, temos un recurso renovábel moi potente, principalmente a través do vento, das horas de sol e da auga. Porén, nos momentos de cambio emerxen e operan os intereses das grandes enerxéticas, que buscan un lavado verde aos seus intereses empresariais e que están a ser favorecidas polas institucións europeas, estatais e galegas, que dan prioridade ao aumento da xeración por riba das garantías medioambientais. É preciso defendermos o noso dereito a decidir sobre o noso propio modelo enerxético, contribuír á loita contra a crise climática e facelo de forma que o papel produtor reverta a favor dos intereses sociais e económicos de Galiza e blinde a preservación da biodiversidade:

Singularmente, cómpre:

2874.6Energía y climaTransferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión…

Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
2884.6Energía y climaReformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e…

Reformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
2894.6Energía y climaRetirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore,…

Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2904.6Energía y climaRecuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas…

Recuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes

2914.6Energía y climaEnerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto…

enerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto Ambiental e sen participación cidadá, o que fomentou un boom eólico depredador con proxectos que non están calibrados para o desenvolvemento social e económico do noso país e que coliden coa preservación da biodiversidade e dos usos económicos e sociais do territorio. No mesmo sentido, cómpre someter a revisión aqueles xa aprobados para paralizar os máis lesivos.

2924.6Energía y climaColaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación,…

Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras.

Territorios
Galicia
2934.6Energía y climaImpulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun…

Impulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun mecanismo que supere a formulación do bono social e as súas carencias, e prohibindo definitivamente os cortes de subministro.

2944.6Energía y climaImpulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha…

Impulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha política decidida de fomento das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustíbeis fósiles en todos os sectores consumidores, poñendo especial atención naqueles que, polas súas características teñen unha dependencia estrema destes, como poden ser os sectores primarios ou o transporte.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
2954.6Energía y climaImpulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base…

Impulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base cidadá sustentábel en colaboración cos territorios, que avance na corrección das carencias canto a conexión á rede, á cadea produtiva, ao aproveitamento dos excedentes, á formación de consumidores e de produtores, aos trámites administrativos e das distribuidoras etc, así como o fomento das iniciativas compartidas e das axudas aos sectores con máis dificultades económicas para garantir a súa democratización, así como do recoñecemento das comunidades de montes como comunidades enerxéticas.

Palancas
Gasto e inversión
2964.6Energía y climaImpulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e

Impulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e

2974.6Energía y climaÁ súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía

á súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
2984.6Energía y climaCrear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo

Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo.

Colectivos
Empresas e industria
2994.6Energía y climaRematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais,…

Rematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais, de forma que se fomenten proxectos industriais con investimento e creación de emprego nos concellos afectados, mediante un proceso con bases de concorrencia e supervisado por unha mesa de transición onde estean representados os axentes sociais e a administración local das zonas de transición xusta.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3004.6Energía y climaImpulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto…

Impulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto eléctrico, coma no térmico.

Palancas
Reorganizar el Estado
3014.6Energía y climaGarantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das…

Garantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das mesas de transición a obxecto de facer seguimento aos cumprimentos dos Convenios de Transición Xusta.

3024.6Energía y climaCompensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos…

Compensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos Plans do Carbón.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
3034.6Energía y climaComprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo…

Comprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo para o medio e para a saúde.

Colectivos
Pacientes
3044.6Energía y climaRegular as plantas de biogás

Regular as plantas de biogás. É preciso contar cunha lei que regule este tipo de instalacións que defina claramente os usos do dixestato e limite as afeccións locais.

Palancas
Cambio legal

Minaría sostíbel A minaría é unha actividade con longa tradición en Galiza, con diversificación de explotación dos recursos en función das necesidades internas e, sobre todo, do mercado internacional. Dende tempos dos romanos, a nosa terra foi obxecto de espolio dos seus recursos minerais, a meirande parte das veces por parte de capital foráneo. Este espolio deixou fonda pegada no territorio, así hoxe en día podemos ver exemplos de como a minaría contribúe a crear desolación. Vai ser moi difícil de explicar a futuras xeracións porque existen dous lagos na mesma provincia, onde fai menos de vinte anos, non había ningún. Todo isto froito da explotación a ceo aberto das minas de lignito de Cerceda e As Pontes para alimentar cadansúa central térmica. San Finx en Lousame e Monte Neme en Carballo, con cadansúa rotura de balsas, e incluso A Penouta, en Viana do Bolo, coas filtracións cara o río Miño, son mostra do desleixo e irresponsabilidade dun sector de enclave no noso país. A crecente demanda de materias primas estratéxicas non responde unicamente ás transicións enerxética e dixital, senón tamén á ambición armamentística da Unión Europea, que pretende ampliar aceleradamente a súa capacidade industrial militar e garantir o subministro de minerais imprescindíbeis para fabricar armamento, tecnoloxía aeroespacial e sistemas de defensa. Neste contexto, a declaración de proxectos mineiros como «estratéxicos» resulta especialmente lesiva para Galiza; reduce os prazos de autorización, facilita o acceso ao financiamento e outórgalles de antemán a consideración de interese público, chegando mesmo a permitir que ese suposto interese prevaleza sobre afeccións á auga, aos hábitats e á biodiversidade. Este procedemento condiciona a avaliación ambiental antes de que se analicen todas as consecuencias, debilita a participación social e corre o risco de converter o territorio galego nunha zona de sacrificio ao servizo do rearme europeo e dos intereses das multinacionais mineiras, sen garantir control público, transformación industrial no país nin beneficios duradeiros para as comunidades afectadas. Ao igual que no eido enerxético, Galiza debe ter poder de decisión total sobre un sector estratéxico, como é o da minaría e garantir que os beneficios das materias primas sirvan para pechar ciclos produtivos no país, creando emprego de calidade e riqueza local, e como non pode ser doutra maneira, preservando o medio ambiente e garantindo a participación social. Por isto propoñemos a modificación da lei básica da minaría do estado coas seguintes demandas:

3054.6Energía y climaDeclarar as materias primas críticas e estratéxicas bens de dominio público de especial interese, sometendo o seu

Declarar as materias primas críticas e estratéxicas bens de dominio público de especial interese, sometendo o seu

3064.6Energía y climaCoñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos

coñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos.

Palancas
Gasto e inversión
3074.6Energía y climaFacultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais…

Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo.

Territorios
Galicia
3084.6Energía y climaEstabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais…

Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos.

Palancas
Gasto e inversión
3094.6Energía y climaCondicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a…

Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica.

3104.6Energía y climaDelimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio…

Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
3114.6Energía y climaIncorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas…

Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros.

Colectivos
Pacientes
3124.6Energía y climaEliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de…

Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva.

Palancas
Gasto e inversión
3134.6Energía y climaImpedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación…

Impedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións.

3144.6Energía y climaReducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento…

Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o dereito mineiro.

3154.6Energía y climaGarantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais,…

Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración.

Palancas
Plan o pacto
3164.6Energía y climaAmpliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes,

Ampliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes,

3174.6Energía y climaPersoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados

persoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados.

3184.6Energía y climaSometer tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo…

Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos.

Palancas
Gasto e inversión
3194.6Energía y climaRestrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de…

Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente.

Colectivos
Pacientes
3204.6Energía y climaVincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de…

Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3214.6Energía y climaEvitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de…

Evitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país.

Palancas
Gasto e inversión
3224.6Energía y climaPriorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións,…

Priorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas.

3234.6Energía y climaReforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante…

Reforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas.

3244.6Energía y climaCrear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas…

Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
3254.6Energía y climaReformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións…

Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior.

Palancas
Cambio legal
3264.6Energía y climaImpedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública,…

Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública, deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública.

3274.6Energía y climaRecoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa…

Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación.