06

FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA

O sistema económico capitalista baseado na acumulación, no incremento exponencial do consumo e na extracción masiva de recursos naturais contribuíu decisivamente á aceleración e agravamento dos procesos de degradación ambiental: perda de biodiversidade, deterioro dos ecosistemas e das paisaxes, proliferación de especies invasoras, contaminación do solo, do ar e das augas, etc. Xunto con estes procesos, a cara máis visíbel da crise ecolóxica é a mudanza do clima, que deriva en emerxencia pola proliferación de fenómenos meteorolóxicos extremos (incremento das temperaturas medias, ondas de calor recorrentes, episodios de seca continuada, sucesión de temporais e chuvias torrenciais…) e as súas consecuencias devastadoras para a saúde, a vida, os ecosistemas, as infraestruturas, as emerxencias ou as actividades económicas. A recorrencia e intensidade dos grandes incendios forestais constitúe a manifestación máis evidente dos riscos extraordinarios para a poboación, os núcleos habitados, a biodiversidade ou a economía.

Desde o BNG rexeitamos e combatemos estes sistema que pon en risco a vida das persoas e ameaza o futuro do planeta. Asumimos que estamos diante dun reto de máxima relevancia ao que temos que dar unha resposta acaida como sociedade e como país. Unha resposta que poña o foco nas causas estruturais desta crise, que sinale e combata a quen pretende incrementar os lucros a costa da emerxencia e que propoña unha alternativa -sustentábel e autocentrada- ao espolio colonial dos nosos recursos e da nosa riqueza.

Por iso, o BNG aposta por unha Galiza con plena capacidade para decidir en materia ambiental, que poida aplicar políticas avanzadas e transformadoras neste ámbito. Defenderemos en todos os ámbitos, e nomeadamente nas Cortes, a superación dun modelo dependente e extractivo que converteu a Galiza en fornecedora de materias primas e enerxía, con altísimos custos sociais e ambientais. Asemade, combaterá un sistema económico e social baseado no espolio dos recursos naturais, no hiperconsumismo, na cultura de “usar e descartar”, no descontrol e dispendio de recursos como a auga ou a enerxía, e na xeración excesiva de residuos.

Tomaremos parte activa na defensa de medidas de resposta á emerxencia ambiental e á crise climática, á perda de biodiversidade, á degradación e á fragmentación de hábitats, ao risco de grandes incendios, á contaminación do ar, dos solos e do medio urbano ou aos problemas derivados da escaseza de auga, tanto para o consumo humano como para as actividades económicas.

Como criterios xerais, defenderemos a aplicación rigorosa do principio de precaución en todas aquelas actuacións que poidan xerar danos no medio e perdas de biodiversidade, a prevención contra o cambio climático, a xestión circular e de proximidade, a corresponsabilidade e a obriga de internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.

En consecuencia, defenderemos as seguintes liñas de actuación:

6

FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA

30 medidas, pág. 66

1) En materia competencial

Somos conscientes de que no actual escenario político o Estado mantén o control de decisións políticas e normas legais que afectan de maneira moi directa o medio. Por iso defenderemos:

3526Energía y climaO traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento…

O traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación, servizos de meteoroloxía, centros de investigación, portos de interese xeral e bacías hidrográficas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3536DefensaA desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza

A desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza.

Territorios
Galicia
3546Energía y climaA reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de…

A reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de avaliación ambiental, Lei de patrimonio natural e a Lei de parques nacionais.

Palancas
Cambio legal

2) En materia de tramitación ambiental de plans e proxectos, traballaremos para garantir a participación social, a información pública e o procedemento de avaliación ambiental, nomeadamente na tramitación de proxectos industriais de implantación de enerxías renovábeis e nos proxectos de explotación de recursos minerais.

3) En materia de patrimonio natural e biodiversidade

3556Energía y climaGarantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco…

Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026)

3566Energía y climaTransferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos…

Transferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos naturais e rexeneración de espazos degradados.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3576Energía y climaDesenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas…

Desenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais.

Palancas
Plan o pacto
3586Energía y climaLimitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e…

Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos.

Palancas
Gasto e inversión
3596Energía y climaPoñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras

Poñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras.

3606Energía y climaDesenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas…

Desenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas.

Palancas
Cambio legal

4) En materia de ordenación, xestión e protección do litoral e do medio mariño

3616Energía y climaEn tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre…

En tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre (DPMT), impulso das reformas legais (lei e regulamento xeral de costas, lei de cambio climático) que teñan en conta as

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
3626Energía y climaCaracterísticas diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a…

características diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a incidencia do cambio climático. Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia
3636Campo, mar y mundo ruralRecoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas,…

Recoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas, sometida, en todo caso, aos límites de uso e autorizacións que correspondan ás súas características específicas.

3646Energía y climaPoñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do…

Poñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do medio, así como da conservación das especies e dos recursos naturais.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
España
3656Infraestructuras y aguaImpulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da…

Impulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da rexeneración das rías galegas, transferindo a Galiza os recursos necesarios, así como a capacidade para a planificación, deseño, aprobación e a execución das infraestruturas hidráulicas que actualmente ten atribuídas o Goberno central.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3666Energía y climaCrear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo…

Crear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega.

Territorios
Galicia
3676Energía y climaRevisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva…

Revisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva europea de servizos e o Plan de Ordenación do Litoral (POL), e impulso da rexeneración da ría de Pontevedra e do dominio público marítimo terrestre. Recuperar e rexenerar os terreos en dominio público marítimo terrestre ocupados pola Xunta e o Estado no ENIL da Xunqueira do Alba (Pontevedra).

Palancas
Cambio legalPlan o pacto
Territorios
España
3686Energía y climaDemandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de…

Demandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de residuos nucleares na Foxa Atlántica, a 600 km da costa galega.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña

5) En relación co monte e coa política forestal

3696Campo, mar y mundo ruralRecoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se…

Recoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se recoñeza de maneira expresa a propiedade de carácter colectivo ou comunitario como unha realidade xurídica diferente da titularidade pública e da privada. Este

3706Campo, mar y mundo ruralRecoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do…

recoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do territorio (case 700.000 hectáreas), constitúen un sinal de identidade territorial e sociocultural e son ademais un motor de desenvolvemento económico e produtivo.

Territorios
Galicia
3716Campo, mar y mundo ruralAprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de…

Aprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de propietarios particulares e comunidades de montes.

3726Energía y climaTransformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de…

Transformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de empresas contaminantes) cara a sistemas de compensación pola prestación de servizos ecosistémicos (preservación de ecosistemas de alto interese, prevención do cambio climático, conservación e protección dos recursos hídricos, conservación do bosques maduros, prevención da erosión, da degradación e da artificialización de solos, incremento da superficie agraria útil e da produción sustentábel de alimentos, usos socioculturais e de lecer…).

Colectivos
Empresas e industriaMundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
3736Campo, mar y mundo ruralConsiderar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo,…

Considerar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo, coa conseguinte limitación do seu cultivo para garantir a protección do solo e das reservas de auga, a conservación da biodiversidade e a protección fronte aos incendios forestais.

3746Energía y climaAprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de…

Aprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de macroproxectos forestais, enerxéticos e mineiros de carácter extractivo e depredador.

6) En materia de residuos e contaminación dos solos

3756Energía y climaImpulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos…

Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais.

Palancas
Gasto e inversión
3766Energía y climaImpulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o…

Impulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o boicot por parte de entidades de xestión.

3776Energía y climaDesenvolver plans de recuperación de solos contaminados

Desenvolver plans de recuperación de solos contaminados.

Palancas
Plan o pacto
3786Energía y climaVixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente…

Vixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente asfálticos, que non conten con garantías ambientais, que non se sometan a procesos regulados de inertización.

Colectivos
Empresas e industria
3796Energía y climaAplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra)…

Aplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra) fronte a restricións relacionadas co tipo e coa antigüidade dos vehículos, que xeran discriminacións de acceso por nivel de renda.

3806Energía y climaArtellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola…

Artellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 1406/1989, de 10 de Novembro, sobre limitacións e comercialización de certas sustancias perigosas, nomeadamente o abesto.

Palancas
Cambio legal
3816Energía y climaReformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto…

Reformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto 105/2008), e a que regula a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (Real Decreto 975/2009) para evitar a utilización de inertes mesturados e outros materiais potencialmente contaminantes na “restauración” de canteiras, que na práctica se converten en enormes vertedoiros encubertos.

Palancas
Cambio legal