01

MÁIS FORZA PARA GALIZA

Galiza e o pobo galego precisan avanzar en dereitos nacionais e sociais, en desenvolvemento económico, en calidade de vida e benestar. Por iso o BNG non se resigna, non nos resignamos. O noso país precisa de máis peso político en Madrid, de máis capacidade de defender os seus intereses, que son os das clases populares galegas, de máis forza para se facer valer e respectar. E iso só o garante o BNG.

Somos a forza do pobo galego, a voz dos intereses de Galiza e das maiorías sociais do noso país. Tamén a voz decididamente antifascista e de defensa das liberdades e da democracia fronte ás dereitas reaccionarias. A garantía de defensa de políticas de paz fronte ao belicismo e ao imperialismo. Representamos hoxe a esperanza de que outra Galiza e outro mundo son posíbeis. Este é o noso compromiso.

É iso o que exixe do BNG o sentido de responsabilidade para co noso país, mais tamén a certeza de que é a mellor maneira de pór en evidencia diante do noso pobo as limitacións do punto de vista democrático do sistema político español e mesmo a súa incapacidade para aceptar, no mínimo que for, a pluralidade nacional, cultural, lingüística ou socio-económica. Por iso seguiremos a constatar que o Estado español é irreformábel na súa esencia, e que precisamos seguir a sumar forzas en favor da ruptura democrática. En todo o caso, estamos para reclamar con firmeza todo aquilo que ao pobo galego corresponder porque somos conscientes de que no actual contexto político e no período que se abre con estas eleccións, é preciso materializar propostas que vaian na dirección de estabelecer avances inmediatos.

Por iso, no camiño de ir afondando na capacidade de decisión de Galiza, defendemos:

1

MÁIS FORZA PARA GALIZA

18 medidas, pág. 8
11Unidad y territorioUn novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado

Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
21Unidad y territorioImpulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos…

Impulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos do Estado para que deixe de penalizar e

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
España
31Unidad y territorioDiscriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País

discriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País.

Territorios
Galicia
41Unidad y territorioPosta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento

Posta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento. En consonancia, capacidade plena de Galiza para implantar unha política fiscal propia, que responda a criterios de xustiza e redistribución social e que garanta que todas as empresas que operan no noso país paguen aquí os tributos que corresponder, de forma que permita facer uso pleno dos nosos recursos económicos para os colocar ao servizo do pobo galego.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
Territorios
Galicia
51Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade…

Transferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais visando blindar a negociación colectiva e garantir traballo digno e con dereitos para toda a poboación. Tamén para poder estabelecer unha renda social básica que permita desfrutar de condicións de vida dignas e participación social plena a toda a poboación galega, sen exclusións de ningún tipo.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
61Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e…

Transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado e unhas pensións dignas para as persoas xubiladas.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Gasto e inversión
71Unidad y territorioTraspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o…

Traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega.

Territorios
Galicia
81Energía y climaAsunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos,…

Asunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, especialmente, da produción de enerxía. Isto é básico para poder estabelecer unha Tarifa eléctrica galega baseada nun modelo tarifario que abarate o prezo da electricidade e permita que este ben público reverta no desenvolvemento social e económico do país e na eliminación da exclusión enerxética.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
91Unidad y territorioTraspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e…

Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego.

Territorios
Galicia
101Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en…

Transferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en materia de protección do litoral como aquelas de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega). Tamén se afrontará o traspaso das competencias sobre as

Territorios
Galicia
111Unidad y territorioBacías hidrográficas (transferencia plena da Confederación Hidrográfica Miño-Sil)

bacías hidrográficas (transferencia plena da Confederación Hidrográfica Miño-Sil).

121Unidad y territorioTransferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español…

Transferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español de Oceanografía na Coruña e en Vigo.

131Unidad y territorioTraspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co…

Traspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co espolio económico que representan actualmente.

141Unidad y territorioTraspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega

Traspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
151Unidad y territorioTraspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas…

Traspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas institucións e organismos do Estado.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
161Unidad y territorioTraspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas

Traspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas. Galiza participará, con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais.

Territorios
Galicia
171ViviendaTransferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas)…

Transferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas) situados en Galiza, para incorporación nunha bolsa de vivendas e inmóbeis para fomento da vivenda pública social en Galiza.

Territorios
Galicia
181Unidad y territorioEn todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a…

En todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a Administración do Estado.

Territorios
GaliciaEspaña