05

INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL

Galiza arrastra un déficit histórico en materia de infraestruturas, o que supón menos vertebración territorial, menos seguridade e menos servizos. Por iso, o BNG exixirá ao Goberno do Estado acometer os investimentos necesarios para levar adiante unha máis que necesaria modernización en materia de transportes e mobilidade.

Así mesmo, é preciso reclamar as competencias plenas en materia de transporte, acompañadas do financiamento necesario, para que o Goberno galego poida desenvolver unha política de transportes autocentrada, atendendo ao reto da vertebración do país e á mobilidade interior, tanto de pasaxeiros como de mercadorías, tendo como elemento chave a intermodalidade real e non só física.

5.1

INFRAESTRUTURAS FERROVIARIAS

11 medidas, pág. 60

O transporte do futuro pasa por un deseño dunha mobilidade real que conecte e coordine mellor os distintos medios de transporte, para que funcionen de forma complementaria e integrada, como parte dun mesmo sistema, e faciliten os desprazamentos das persoas. Neste sentido, o transporte ferroviario xoga un papel fundamental á hora de exercer como elemento central deste sistema, pois este permite unha mobilidade sostíbel, eficaz e eficiente ao tempo que facilita unha transición climática que garante a cohesión social. Por todo isto, é preciso dotar a Galiza duns servizos e infraestruturas de comunicacións axeitados que pase por:

3285.1Infraestructuras y aguaImplantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas,…

Implantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas, aproveitando as infraestruturas existentes ou creando aquelas novas que foren necesarias, así como recuperando apeadoiros e estacións agora en desuso e dotándoo das conexións oportunas, frecuencias, horarios e tarifas necesarias para fomentar o seu uso.

Territorios
Galicia
3295.1Infraestructuras y aguaActualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A…

Actualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol, A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da saída sur de Vigo e o inicio efectivo da construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo. No tramo A Coruña–Ferrol é urxente resolver de vez a tramitación do bypass de Betanzos e pasar á execución das obras; no corredor A Coruña–Lugo–Monforte, deben concluír e ampliarse as actuacións xa iniciadas, sen agardar aos prazos máis afastados que contempla a planificación europea; e na liña do Miño, a renovación integral en curso debe concluír sen novos cortes prolongados do servizo.

Territorios
GaliciaPortugal
3305.1Infraestructuras y aguaCompletar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do…

Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos.

Territorios
Galicia
3315.1Infraestructuras y aguaSolucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a…

Solucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a adopción dos proxectos que mellor se adapten (paso elevado en Oza-Cesuras, variante ferroviaria de Parga, pasos a nivel no barrio dos Praceres, soterramento no Porriño, pasos soterrados en Ourense..., entre outros).

3325.1Infraestructuras y aguaIncrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT,…

Incrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT, así como rebaixar os prezos e estabelecer bonificacións para as persoas usuarias frecuentes. A incorporación dos trens Avril e as melloras puntuais da oferta non substitúen a reclamos de fondo: un Eixo Atlántico con frecuencias de verdadeiro corredor metropolitano e sen cortes recorrentes do servizo.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3335.1Infraestructuras y aguaRematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con…

Rematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con contratación inmediata dos tramos aínda non licitados e un cronograma firme e financiado para o seu remate integral.

Palancas
Gasto e inversión
3345.1Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte…

Transferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte ferroviario (GALTRÉN), tomando como referencia os modelos xa consolidados noutros territorios do Estado.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
GaliciaEspaña
3355.1Infraestructuras y aguaRealizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade

Realizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade. Instalación do

3365.1Infraestructuras y aguaSistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade…

sistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade ferroviaria, como a implantación do Plan de Seguranza Ferroviaria.

Palancas
Plan o pacto
3375.1Infraestructuras y aguaDeclarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de…

Declarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de mercadorías por terra. Introducir esta declaración no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, con obxectivos medíbeis por ano.

Palancas
Plan o pacto
3385.1Infraestructuras y aguaPromover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora…

Promover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora substancial do Tren Celta, Vigo-Porto), como na articulación dun sistema de proximidade transfronteiriza, así como en garantir a posta en marcha da conexión de alta velocidade Vigo-Porto no horizonte do 2030-2032.

Territorios
Portugal
5.2

INFRAESTRUTURAS VIARIAS

8 medidas, pág. 62

Tamén nas estradas que son titularidade do Estado en Galiza podemos falar de atraso histórico nos investimentos, polo que precisan de atención urxente para garantiren unha adecuada conexión entre as principais vilas e cidades galegas, sendo necesarias actuacións integrais que faciliten a inserción destas vías nas tramas urbanas e que vaian destinadas á mellora da seguridade viaria. Porén, o BNG seguirá a defender que se transfiran a Galiza as estradas pertencentes á Rede de Estradas do Estado que transcorren integramente por territorio galego, o que permitirá artellar desde o Goberno galego unha política integral de transportes, así como tamén as transferencias en materias de ordenación de tráfico e seguridade viaria:

3395.2Infraestructuras y aguaAP-9 galega, pública e libre de peaxes

AP-9 galega, pública e libre de peaxes. Logo da aprobación da transferencia da autoestrada, o BNG reclamará a anulación da prórroga concedida no ano 2000 polo goberno do PP para lograr a gratuidade da principal vía de comunicación do Eixo Atlántico.

Territorios
Galicia
3405.2Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes

Transferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes.

Territorios
Galicia
3415.2Infraestructuras y aguaFinalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é…

Finalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é fundamental para completar a conexión por autovía entre Santiago de Compostela e Lugo, aberta e aínda incompleta tras a posta en servizo do tramo Melide–Palas de Rei.

3425.2Infraestructuras y aguaLicitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva…

Licitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva anos en proxecto e sen execución, tras a aprobación definitiva do proxecto de trazado do primeiro tramo.

3435.2Infraestructuras y aguaExecutar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a…

Executar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a cidade de Ourense entre si e facilitar a saída cara á comarca do Bierzo, e que permanecen paralizadas no territorio lucense.

Territorios
Galicia
3445.2Infraestructuras y aguaMellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes

Mellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes. Especial atención, pola súa vulnerabilidade, deben ter as motocicletas e as bicicletas, particularmente no que atinxe aos sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antiderrapante...). O obxectivo da circulación con seguranza debe ser abordado tamén no ámbito da formación e da regulación do tránsito.

3455.2Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer…

Transferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer en práctica accións para mellorar a seguridade e a xestión do conxunto da rede de estradas existentes no país.

Territorios
Galicia
3465.2Infraestructuras y aguaDar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense

Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense.

5.3

PORTOS E AEROPORTOS

5 medidas, pág. 63
3475.3Infraestructuras y aguaReclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de…

Reclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de artellar un sistema aeroportuario integral galego, baseado na especialización, na creación de sinerxías e na complementariedade dos tres aeroportos, así como demandar a mellora e a modernización das súas instalacións. Ademais disto reverter e asegurar o control e a xestión pública das torres de control para garantir a seguridade aérea.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3485.3Infraestructuras y aguaInstar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de…

Instar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol-San Cibrao. Neste último é preciso así mesmo lograr a liberalización do porto de Morás e abrilo ao tráfico e ao transporte de mercadorías.

Territorios
Galicia
3495.3Infraestructuras y aguaDotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas…

Dotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas viarias para lograr un transporte de mercadorías moderno, acelerando

Territorios
Galicia
3505.3Infraestructuras y aguaActuacións como a renovación do acceso ferroviario ao porto de Ferrol e a conexión do porto de Langosteira

actuacións como a renovación do acceso ferroviario ao porto de Ferrol e a conexión do porto de Langosteira.

3515.3Infraestructuras y aguaDemandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de…

Demandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de Transporte.

Territorios
Galicia