518 medidas

11Unidad y territorioUn novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado

Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
21Unidad y territorioImpulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos…

Impulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos do Estado para que deixe de penalizar e

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
España
31Unidad y territorioDiscriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País

discriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País.

Territorios
Galicia
41Unidad y territorioPosta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento

Posta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento. En consonancia, capacidade plena de Galiza para implantar unha política fiscal propia, que responda a criterios de xustiza e redistribución social e que garanta que todas as empresas que operan no noso país paguen aquí os tributos que corresponder, de forma que permita facer uso pleno dos nosos recursos económicos para os colocar ao servizo do pobo galego.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
Territorios
Galicia
51Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade…

Transferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais visando blindar a negociación colectiva e garantir traballo digno e con dereitos para toda a poboación. Tamén para poder estabelecer unha renda social básica que permita desfrutar de condicións de vida dignas e participación social plena a toda a poboación galega, sen exclusións de ningún tipo.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
61Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e…

Transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado e unhas pensións dignas para as persoas xubiladas.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Gasto e inversión
71Unidad y territorioTraspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o…

Traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega.

Territorios
Galicia
81Energía y climaAsunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos,…

Asunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, especialmente, da produción de enerxía. Isto é básico para poder estabelecer unha Tarifa eléctrica galega baseada nun modelo tarifario que abarate o prezo da electricidade e permita que este ben público reverta no desenvolvemento social e económico do país e na eliminación da exclusión enerxética.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
91Unidad y territorioTraspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e…

Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego.

Territorios
Galicia
101Unidad y territorioTransferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en…

Transferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en materia de protección do litoral como aquelas de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega). Tamén se afrontará o traspaso das competencias sobre as

Territorios
Galicia
111Unidad y territorioBacías hidrográficas (transferencia plena da Confederación Hidrográfica Miño-Sil)

bacías hidrográficas (transferencia plena da Confederación Hidrográfica Miño-Sil).

121Unidad y territorioTransferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español…

Transferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español de Oceanografía na Coruña e en Vigo.

131Unidad y territorioTraspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co…

Traspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co espolio económico que representan actualmente.

141Unidad y territorioTraspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega

Traspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
151Unidad y territorioTraspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas…

Traspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas institucións e organismos do Estado.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
161Unidad y territorioTraspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas

Traspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas. Galiza participará, con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais.

Territorios
Galicia
171ViviendaTransferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas)…

Transferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas) situados en Galiza, para incorporación nunha bolsa de vivendas e inmóbeis para fomento da vivenda pública social en Galiza.

Territorios
Galicia
181Unidad y territorioEn todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a…

En todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a Administración do Estado.

Territorios
GaliciaEspaña
192.1ViviendaTopar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como…

Topar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como decretar a suspensión automática e indefinida de calquera lanzamento sen alternativa habitacional

Palancas
Cambio legal
202.1ViviendaImpulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a…

Impulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a renovación automática dos alugueiros, blindando por lei o carácter indefinido dos contratos de alugueiro e impulsando mecanismos e recursos para a persecución das prácticas de acoso, discriminación e abuso inmobiliario.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
212.1ViviendaFacilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento

Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento.

Palancas
Gasto e inversión
222.1ViviendaEstabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de…

Estabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de uso turístico.

232.1ViviendaDestinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque…

Destinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque público de alugueiro permanente.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el EstadoPlan o pacto
Territorios
España
242.1ViviendaEstender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen…

Estender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen ánimo de lucro ou de lucro limitado especializadas en vivenda que recibisen financiación pública para tal fin.

Palancas
Gasto e inversión
252.1ViviendaIncrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas…

Incrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas impedindo a diminución do porcentaxe da reserva xeral de solo da edificabilidade residencial en solo urbano non consolidado e solo urbanizable destinado a vivenda protexida.

262.1ViviendaGarantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa…

Garantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa privatización.

Palancas
Gasto e inversión
272.1ViviendaModificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen

Modificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
282.1ViviendaPolas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio

polas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio.

292.1ViviendaModificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural…

Modificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural para que se condicionen á duración dos contratos vixentes e futuros das vivendas ou edificios subvencionados ou ben ao control de rendas durante un período de tempo determinado, co fin de evitar que as melloras, en ámbitos con forte presión especulativa, deriven en finalización de contratos ou subas abusivas.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
302.1ViviendaEstabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia…

Estabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade.

Palancas
Gasto e inversión
312.1ViviendaReformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como:

Reformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como:

Palancas
Cambio legalImpuestos y cotizaciones
322.2Empleo y emprendimientoTransferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións

Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións.

Territorios
Galicia
332.2Empleo y emprendimientoRecoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a…

Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais.

342.2Empleo y emprendimientoAdoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira…

Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas.

Colectivos
Empresas e industria
352.2Empleo y emprendimientoCumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos

Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos.

362.2Empleo y emprendimientoDeroga: contrarreformas laborais (mudanza aprobada en 2021)Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha…

Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto do Traballo para restituír, entre outros dereitos:

372.2Empleo y emprendimientoPromover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada…

Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas.

382.2Empleo y emprendimientoIncrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social…

Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do EUROSTAT. Prohibir expresamente que o SMI sexa compensábel ou absorbíbel por outros

392.2Empleo y emprendimientoComplementos salariais

complementos salariais. Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal.

Territorios
Galicia
402.2Empleo y emprendimientoRedefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun…

Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección.

412.2Empleo y emprendimientoDar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos

Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos.

422.2Empleo y emprendimientoDesenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén…

Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia
432.2Empleo y emprendimientoEliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as…

Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
442.2Empleo y emprendimientoReforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación

Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación.

452.2Empleo y emprendimientoImpulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:

Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:

Palancas
Plan o pacto
462.2Empleo y emprendimientoDeroga: IPREM (DL 3/2004)Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda

Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda.

482.2Empleo y emprendimientoRealizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo

Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo.

Palancas
Plan o pacto
492.2Empleo y emprendimientoLimitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación

Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación.

502.2Empleo y emprendimientoLimitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo…

Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial.

512.2Empleo y emprendimientoLimitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de…

Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non obrigatorias).

Colectivos
Empresas e industria
522.2Empleo y emprendimientoGarantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE

Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE.

532.2Empleo y emprendimientoEstabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública

Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública.

542.2Empleo y emprendimientoEliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución…

Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada.

552.2Empleo y emprendimientoRestrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral

Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral.

562.2Empleo y emprendimientoEstabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da…

Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular.

572.2Empleo y emprendimientoAplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación

Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación.

602.3Pensiones y cohesión socialDeroga: reformas das pensións (2011, 2013, 2021, 2023)Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023

Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Cambio legal
612.3Pensiones y cohesión socialIncremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do…

Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT).

Colectivos
Mayores y pensionistas
652.3Pensiones y cohesión socialRecoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos…

Recoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

672.3Pensiones y cohesión socialGarantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo…

Garantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo aos orzamentos e aos impostos que gravan a riqueza, eliminando o tope máximo ás bases de cotización, así como a revisión e redución das bonificacións e descontos nas cotizacións empresariais.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
682.3Pensiones y cohesión socialEliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do…

Eliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do “factor de sustentabilidade", incluíndo tamén a supresión das competencias outorgadas á AIReF en relación á supervisión do sistema público de pensións.

Colectivos
Mayores y pensionistas
692.3Pensiones y cohesión socialDeroga: normas que fomentan plans de pensións privadosDerrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de…

Derrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de privatización ou xestión financeira privada das pensións públicas.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Plan o pacto
702.3Pensiones y cohesión socialMudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola…

Mudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola persoa beneficiaria.

712.3Pensiones y cohesión socialFixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior…

Fixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior penosidade, perigosidade e insalubridade.

722.3Pensiones y cohesión socialMellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por…

Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
732.3Pensiones y cohesión socialElevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen…

Elevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen agardar o prazo de 2027 estabelecido na reforma de 2023, actualizando anualmente a súa contía conforme ao IPC real.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Palancas
Cambio legal
742.3Pensiones y cohesión socialIncremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez

Incremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez

Colectivos
Mayores y pensionistas
752.3Pensiones y cohesión socialPuntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada

puntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada.

762.3Pensiones y cohesión socialEstabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias…

Estabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias laborais das mulleres, derivadas da precariedade, dos contratos parciais e da asunción dos coidados

Colectivos
Mujeres
772.3Pensiones y cohesión socialIncremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos…

Incremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos seus ingresos reais.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
782.3Pensiones y cohesión socialModulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial

Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial.

792.3Pensiones y cohesión socialAmpliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as…

Ampliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as excedencias por coidados computadas como cotizadas.

802.3Pensiones y cohesión socialEquiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións

Equiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións.

812.3Pensiones y cohesión socialCotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas

Cotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas.

Colectivos
Empresas e industria
822.3Pensiones y cohesión socialDeroga: normas do Ministerio de Seguridade Social e INSSProhibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente…

Prohibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente pública. Derrogar as normas aprobadas polo Ministerio de Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que promoven a celebración de convenios de colaboración a subscribir entre as Consellarías de Sanidade das Comunidades Autónomas, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o INSS para fomentar a atención polas Mutuas dos procesos de IT derivados das patoloxías músculo-esqueléticas.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresPacientes
832.3Pensiones y cohesión socialRevisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas…

Revisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas da situación clínica, das patoloxías e afectacións.

842.4Pensiones y cohesión socialReclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade…

Reclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade galega, permitindo a creación dunha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral nunha contía non inferior ao SMI.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
852.4Pensiones y cohesión socialAplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social

Aplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social.

Palancas
Plan o pacto
862.4Pensiones y cohesión socialElevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do…

Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Unión Europea
872.4Pensiones y cohesión socialRegular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a…

Regular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a maioría social e retribucións xustas para quen os produce. Aplicación de medidas contundentes contra a especulación nos mercados de alimentos e enerxía, así como contra os beneficios extraordinarios das grandes empresas de distribución e comercio de alimentación.

Colectivos
Empresas e industria
882.4Pensiones y cohesión socialFacilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade…

Facilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade social e mellorar as súas condicións de uso.

892.4Pensiones y cohesión socialEstabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio…

Estabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio das gasolineiras o 24 de febreiro de 2022— que se manterá vixente ata a estabilización dos prezos e a aprobación dunha solución fiscal xusta.

912.5Inmigración y nacionalidadPromover a regularización administrativa como vía para eliminar a irregularidade como ferramenta de explotación

Promover a regularización administrativa como vía para eliminar a irregularidade como ferramenta de explotación.

932.5Inmigración y nacionalidadAxilizar a homologación e o recoñecemento de titulacións obtidas no estranxeiro e estabelecer sistemas de acreditación de…

Axilizar a homologación e o recoñecemento de titulacións obtidas no estranxeiro e estabelecer sistemas de acreditación de competencias profesionais. Tamén para a poboación emigrante retornada.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
942.5Inmigración y nacionalidadRecoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes

Recoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes.

Colectivos
MujeresInmigrantes y solicitantes de asilo
952.5Inmigración y nacionalidadImpulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo,…

Impulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo, atención sanitaria, educación...) así como favorecer e facilitar os procesos de regularización administrativa.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Palancas
Cambio legal
962.5Inmigración y nacionalidadGarantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou…

Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
972.5Inmigración y nacionalidadReclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida…

Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Palancas
Gasto e inversión
982.5Inmigración y nacionalidadDefender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas

Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas.

992.5Inmigración y nacionalidadDemandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en…

Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Territorios
España
1002.6Seguridad ciudadanaCumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista,…

Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Cambio legal
1012.6Seguridad ciudadanaImpulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen…

Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
1022.6Pensiones y cohesión socialIncrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das…

Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
1032.6Pensiones y cohesión socialGarantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía…

Garantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da libertade sexual, sexan públicos e de xestión directa e reclamar en Galiza a integración dos centros de crise privatizados no sistema público e a adaptación á nosa estrutura territorial e poboacional.

Palancas
Cambio legalGasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
1042.6Pensiones y cohesión socialIntrodución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación…

Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público.

1052.6Instituciones y democraciaReforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024,…

Reforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024, para permitir a presenza de correlativa de máis mulleres nas listas electorais.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Cambio legal
1062.6Pensiones y cohesión socialIntroducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe…

Introducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe integral da violencia machista.

Colectivos
MujeresVíctimas
Palancas
Cambio legal
1072.6Pensiones y cohesión socialMellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes…

Mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes medidas:

Colectivos
Mujeres
1082.6Seguridad ciudadanaGarantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia…

Garantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia machista e realizar as melloras oportunas para rematar cos problemas de cobertura e revitimización existentes no noso país.

Colectivos
MujeresVíctimas
1092.6Seguridad ciudadanaXeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar…

Xeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar periodicamente o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia así como estender os mecanismos de xeolocalización do agresor a partir daqueles casos con valoración de risco medio.

1102.6JusticiaDestinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga

Destinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga.

Palancas
Gasto e inversión
1112.6Pensiones y cohesión socialAvanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas…

Avanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas que eviten os subterfuxios que acaban permitindo visitas dos maltratadores. Así mesmo, avanzar na toma de medidas cautelares ante posíbeis situacións de risco das e dos menores ante a sospeita de exercicio de violencia por parte de adultos referentes, singularmente no ámbito educativo e do tempo libre. En todos estes ámbitos deberá garantirse a escoita, privacidade, seguridade e apoio psicolóxico ás e aos menores.

Colectivos
Menores y alumnos
1122.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións…

Impulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións implicados, directa ou indirectamente, coa prevención e intervención fronte á violencia machista, comezando polas forzas e corpos de seguridade e a Xustiza.

Colectivos
Mujeres
1132.6JusticiaDotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia…

Dotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia, e reorganización da comarcalización das seccións de Ourense e Santiago de Compostela, sen estendela a Lugo e Pontevedra, para corrixir os desequilibrios territoriais e as dificultades que supón para as vítimas os desprazamentos.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Gasto e inversión
1142.6Pensiones y cohesión socialImpulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a…

Impulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a debida persecución destes delitos cando se cometan a través da rede e/ou a través do uso de tecnoloxías e plataformas dixitais (incluída a Intelixencia Artificial).

Colectivos
Mujeres
1152.6Pensiones y cohesión socialOposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de…

Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países.

Colectivos
Mujeres
1162.6Pensiones y cohesión socialDesbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a…

Desbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a protección das vítimas cun enfoque de dereitos, sen ningún tipo de discriminación con base á súa nacionalidade.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Cambio legal
1172.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o…

Impulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor, ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista. Desde o respecto ao dereito de autodeterminación das mulleres e á súa libre elección e mais desde o dereito á vida sen ningunha forma de violencia nin discriminación, impulsaranse medidas conducentes a:

Colectivos
Mujeres
1182.6Pensiones y cohesión socialOfrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o…

Ofrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o queiran cubrindo as súas necesidades persoais básicas (ingresos, aloxamento, emprego, regularización administrativa…).

Colectivos
Mujeres
1192.6Pensiones y cohesión socialPersecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e

Persecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e

1202.6Pensiones y cohesión socialEntidades (Policía, Garda Civil, xulgados, avogacía, inspección de traballo, etc.)

entidades (Policía, Garda Civil, xulgados, avogacía, inspección de traballo, etc.).

1212.6Pensiones y cohesión socialInclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal…

Inclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal integral das mulleres en situación de prostitución que decidan deixar de exercela.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
1222.6ViviendaInclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de…

Inclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de acceso á vivenda.

Colectivos
MujeresVíctimas
1232.6Pensiones y cohesión socialIncorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións…

Incorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións de persecución xudicial por parte dos seus denunciados.

Colectivos
Mujeres
1242.6Familia e infanciaRecoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica…

Recoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica —para aquelas cuestións de competencia estatal— que permita garantir os seus dereitos e superar a discriminación estrutural que sofren actualmente.

Colectivos
Familias
Palancas
Cambio legal
1252.6Familia e infanciaImpulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal…

Impulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal e de coidados incluíndo a compensación económica das reducións de xornada, a garantía de ingresos en períodos de excedencia e a achega económica da Administración Xeral do Estado no financiamento da gratuidade das escolas infantís galegas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
1262.6Pensiones y cohesión socialImpulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de…

Impulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, promovendo un tratamento informativo adecuado da violencia machista entre as que se incluirá un código ético que deberá ser cumprido para a obtención de fondos públicos.

Colectivos
Mujeres
Palancas
Gasto e inversión
1272.6Pensiones y cohesión socialCumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias…

Cumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias do BNG para o recoñecemento das enfermidades profesionais das mulleres do marisqueo.

Colectivos
MujeresMundo rural y marPacientes
Palancas
Cambio legal
1282.6Pensiones y cohesión socialFinanciar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a…

Financiar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a fomentar a empregabilidade e o emprendemento.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1292.6Pensiones y cohesión socialPromover un maior control e vixilancia no cumprimento dos convenios colectivos das traballadoras de atención as persoas

Promover un maior control e vixilancia no cumprimento dos convenios colectivos das traballadoras de atención as persoas

1302.6Pensiones y cohesión socialMaiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar

maiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar.

Colectivos
Mayores y pensionistas
1312.6Sanidad y cuidadosImpulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais

Impulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1322.6Sanidad y cuidadosImpulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da…

Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura.

Colectivos
Mujeres
1332.7Pensiones y cohesión socialEnvellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector…

Envellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade.

Palancas
Plan o pacto
1342.7Pensiones y cohesión socialLoita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren…

Loita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación.

1352.7Pensiones y cohesión socialPromoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans

Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans.

1362.7Pensiones y cohesión socialApoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo

Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
1372.7Pensiones y cohesión socialA supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como…

A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido.

Palancas
Gasto e inversión
1382.7EducaciónA creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación…

A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino.

Palancas
Reorganizar el Estado
1392.7EducaciónA inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación…

A inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado.

1402.7Sanidad y cuidadosA concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e…

A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI.

Colectivos
Pacientes
1412.7Pensiones y cohesión socialProtección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación

Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación.

1422.7Pensiones y cohesión socialProtección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero

Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero.

Colectivos
Menores y alumnos
1442.8Instituciones y democraciaDeroga: Lei MordazaDerrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e…

Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de presunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes.

Palancas
Cambio legal
Territorios
España
1452.8JusticiaDeroga: prisión permanente revisábelDerrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do…

Derrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do principio de reinserción social, así como das medidas de liberdade vixiada unha vez cumprida a pena, baseadas nunha análise subxectiva sobre a “perigosidade” das persoas e en contradición cos principios de rehabilitación e de reinserción social. Así mesmo, traballar para que se garanta o cumprimento das penas impostas aos galegos e galegas en Galiza, ademais do traslado dos que xa están a cumprir penas de prisión noutros territorios do Estado.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
GaliciaEspaña
1462.8Instituciones y democraciaDeroga: delito de desordes públicas agravadasDerrogación do delito de desordes públicas agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais…

Derrogación do delito de desordes públicas agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais de reunión e manifestación, así como do resto de condutas tipificadas como delito que atentan directamente contra o dereito de liberdade de expresión (inxurias contra a Coroa, os Exércitos, as Forzas e Corpos de Seguranza, o Goberno e outras institucións do Estado, do escarnio de crenzas relixiosas ou das denominadas ofensas ou aldraxes aos símbolos nacionais, entre outros).

Territorios
España
1472.8Seguridad ciudadanaRedución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte

Redución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte.

Palancas
Cambio legal
1482.8Instituciones y democraciaTransferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha…

Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
1492.8Lengua, cultura y memoriaDeroga: Lei de Amnistía de 1977Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes…

Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional.

Colectivos
Víctimas
Palancas
Cambio legal
1502.8Lengua, cultura y memoriaRecoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo

Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo. Após a sentenza que avanzou na devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás, o BNG comprométese a traballar para que sexa cedido a Galiza garantindo que a titularidade e uso públicos respecten a súa verdadeira historia, reclamando que o espazo se centre na lembranza dos abusos e do espolio dos bens dos galegos e galegas polo ditador Franco e a súa familia e o recoñecemento das vítimas, así como a permitir a participación das entidades memorialistas na súa xestión. Ademais, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide...).

Colectivos
FamiliasVíctimas
Territorios
Galicia
1512.8Lengua, cultura y memoriaRevisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de…

Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto.

Colectivos
FamiliasVíctimas
1522.8Lengua, cultura y memoriaModificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva…

Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias.

Colectivos
FamiliasVíctimas
Palancas
Cambio legal
1532.8Lengua, cultura y memoriaGarantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en…

Garantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en medidas en

1542.8Instituciones y democraciaMateria educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática

materia educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática.

1552.8Instituciones y democraciaDeroga: Lei de Segredos Oficiais; Lei de Seguranza NacionalDerrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e…

Derrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e gasto por parte das institucións militares ou dependentes das forzas e corpos de seguranza do Estado.

Palancas
Cambio legal
Territorios
España
1562.8Instituciones y democraciaImpulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade…

Impulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade pública, especialmente durante as convocatorias de procesos electorais, pois garantindo a igualdade no acceso á información avanzamos en democracia.

Palancas
Cambio legal
1572.8Instituciones y democraciaImpulsar a participación directa a través de consultas populares

Impulsar a participación directa a través de consultas populares. Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así como a participación social na planificación e na xestión dos fondos públicos.

Palancas
Gasto e inversión
1582.8Instituciones y democraciaDeroga: Concordato coa Igrexa católicaDenunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun…

Denunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun Estado verdadeiramente laico. Isto suporá a eliminación dos privilexios da Igrexa e a presenza da relixión nas institucións e servizos públicos.

Territorios
España
1592.8Instituciones y democraciaReformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento…

Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legal
Territorios
GaliciaEspaña
1603.1EducaciónSuperar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución

Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza.

Territorios
Galicia
1613.1EducaciónEstabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado…

Estabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado e do sistema educativo, tanto no ensino non-universitario (LOMLOE, LOFP) como no universitario (LOSU) e que, por tanto, parta da configuración plurinacional e plurilingüe do Estado; que Galiza poida organizar e ordenar o sistema educativo mediante unha Lei galega de educación que regule o noso sistema educativo até o Bacharelato, unha Lei galega de formación profesional, unha Lei de ensinanzas artísticas superiores que permita que os centros que imparten estas ensinanzas poidan adscribirse á universidade e unha Lei do Sistema Universitario Galego.

Palancas
Cambio legal
Territorios
GaliciaEspaña
1623.1EducaciónPromover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e…

Promover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, sustentado nunha única rede de ensino, a pública, con servizos complementarios, con libros de texto, material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático.

Territorios
Galicia
1633.1EducaciónTransferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un…

Transferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un modelo educativo propio. Traspaso de todos os programas educativos e dos centros educativos e formativos situados en Galiza adscritos á Administración central e de todas as competencias para poder elaborar os plans de estudo e os deseños curriculares en todas as etapas educativas, así como a política de bolsas de estudo para ensino non-universitario; organizar todas as ensinanzas e estabelecer

Palancas
Plan o pacto
Territorios
Galicia
1643.1EducaciónOs currículos escolares de todas as materias e fixar os criterios de avaliación do proceso de aprendizaxe e da promoción…

os currículos escolares de todas as materias e fixar os criterios de avaliación do proceso de aprendizaxe e da promoción do alumnado para fixar un ensino inclusivo e integrador que dea unha resposta satisfactoria e adecuada ao alumnado con necesidades especiais.

1653.1EducaciónGarantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes,…

Garantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes, fixar o sistema de acceso á función pública docente, con plena autonomía para suprimir as taxas de reposición de efectivos nas ofertas de emprego público e así poder dotar o ensino público do profesorado que precise; regular a competencia e composición de todos os órganos colexiados e da elección democrática das direccións por e entre quen integra os propios centros, eliminando a libre designación nos Centros Integrados de FP.

1663.1EducaciónDefender inequivocamente o ensino público

Defender inequivocamente o ensino público. Regular a admisión do alumnado nos centros educativos para estabelecer, mentres non se suprimiren, os concertos educativos. Por conseguinte, sermos especialmente vixilantes co cumprimento efectivo da eliminación dos concertos educativos dos centros que segregan alumnado por razón de xénero, controlando que o modelo de segregación desapareza dos centros que reciben fondos públicos e aplicando medidas sancionadoras no caso do incumprimento da lei. No camiño da supresión dos concertos en todos os niveis educativos, eliminación destes no ensino non-obrigatorio e control do financiamento alleo aos concertos nos centros sostidos con fondos públicos.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1673.1EducaciónPromover un ensino laico

Promover un ensino laico. A materia de Relixión non formará parte do currículo escolar, xa que é incuestionábel que a difusión da fe relixiosa corresponde ao ámbito privado e familiar. Neste sentido, será denunciado e renegociado o concordato coa Santa Sé e os acordos coas demais confesións relixiosas.

1683.1EducaciónDotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación…

Dotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación até lle dedicar, como mínimo, 7% do PIB.

Colectivos
Mayores y pensionistas
1693.1EducaciónDefender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade…

Defender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade pública e permita exercer todas as competencias no ámbito galego mediante unha lei propia que evite a privatización do SUG e que permita a plena competencia para regular os plans de estudo das ensinanzas universitarias, actualmente limitadas polo RD 43/2015.

Palancas
Cambio legalPlan o pacto
Territorios
Galicia
1703.1EducaciónRegular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de…

Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
1713.1EducaciónIncrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen…

Incrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1723.1EducaciónTransferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional…

Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
1733.1EducaciónTransferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo…

Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior.

Palancas
Gasto e inversión
1743.1EducaciónMellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza

Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza.

Territorios
Galicia
1763.1EducaciónProgramas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal

Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal.

Palancas
Plan o pacto
1773.1EducaciónProgramas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas…

Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1783.1EducaciónProgramas específicos de financiamento de transporte universitario

Programas específicos de financiamento de transporte universitario.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
1793.2Sanidad y cuidadosAumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento…

Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaUnión Europea
1803.2Sanidad y cuidadosGarantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da…

Garantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1813.2Sanidad y cuidadosGarantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas…

Garantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas interpretativas que ampararen a exclusión, orientada no fondo e na forma á cobertura sanitaria pública, con garantías, e de calidade para todas as persoas.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1823.2Sanidad y cuidadosAmpliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que…

Ampliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que permita prestacións como o acceso ás prestacións ortoprotésicas ou a rehabilitación a doentes con déficit funcional recuperábel para todas as persoas que as precisen, con financiamento 100% público; así como as prestacións sanitarias actualmente fora da atención primaria, ou só parcialmente financiadas como asistencia odontolóxica,

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1833.2Sanidad y cuidadosPodoloxía, óptico-optometrista, terapia ocupacional, logopedia, nutricionistas

podoloxía, óptico-optometrista, terapia ocupacional, logopedia, nutricionistas...

1843.2Sanidad y cuidadosModificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento…

Modificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento da prestación farmacéutica para pór fin ao modelo actual de copagamentos e repagamentos que se revela como un imposto á enfermidade.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
1853.2Sanidad y cuidadosEstabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores…

Estabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores e requisitos mínimos, básicos e transparentes, en materia de información sobre as listas de agarda de consultas externas, probas diagnósticas/terapéuticas e intervencións cirúrxicas.

Colectivos
Pacientes
1863.2Sanidad y cuidadosEliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as…

Eliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as competencias de Galiza en materia de persoal en ámbitos que ten transferidos, como é sanidade.

Colectivos
Pacientes
Territorios
GaliciaEspaña
1873.2Sanidad y cuidadosDotarnos de capacidade normativa e financeira para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo…

Dotarnos de capacidade normativa e financeira para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo e sanitario en saúde, con coordinación entre as universidades e o SERGAS, así como con estabilización do persoal investigador.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1883.2Sanidad y cuidadosTransferir a Galiza todas as competencias relacionadas cos programas de formación MIR, EIR, PIR

Transferir a Galiza todas as competencias relacionadas cos programas de formación MIR, EIR, PIR... e incrementar o número de prazas consonte as necesidades reais que presenta o SERGAS de cobertura de profesionais.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
Galicia
1893.2Sanidad y cuidadosImpulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación…

Impulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación especializada, das e dos profesionais no sistema sanitario público, garantindo que os vínculos sexan estábeis e con condicións laborais dignas.

1903.2Sanidad y cuidadosLevar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos…

Levar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos servizos de saúde á xubilación anticipada e parcial, atendendo á realidade específica do persoal estatutario e funcionario dos servizos de saúde, así como tomando en consideración as súas singularidades.

Colectivos
Empleados públicosPacientes
1913.2Sanidad y cuidadosModificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións…

Modificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións sanitarias outras non contempladas actualmente como a que realizan as profesionais da Bioloxía no ámbito da investigación biosanitaria e asistencial.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
1923.2Sanidad y cuidadosActualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e…

Actualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais.

Colectivos
Pacientes
1933.2Sanidad y cuidadosCrear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización…

Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas.

Colectivos
Pacientes
Territorios
Galicia
1943.2Sanidad y cuidadosRecuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario

Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario.

1953.2Sanidad y cuidadosImpulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público…

Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público de forma adecuada.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1963.2Sanidad y cuidadosEstabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no…

Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a evolución das enfermidades, así como:

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversión
1973.2Sanidad y cuidadosTraspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de…

Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
1983.2Sanidad y cuidadosDeroga: disposición transitoria 3.ª do EBEPElaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3…

Elaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo 76.

1993.3Pensiones y cohesión socialExixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar…

Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
Galicia
2003.3Pensiones y cohesión socialExixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados…

Exixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados (residencias, centros de día e de noite; o Servizo de Axuda no Fogar, centros de coidados intermedios...) e non a promover a privatización.

Palancas
Gasto e inversión
2013.3Pensiones y cohesión socialReclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das…

Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores.

Colectivos
Mayores y pensionistas
2023.3Pensiones y cohesión socialGarantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas…

Garantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas da Administración Xeral do Estado, facilitando a accesibilidade aos servizos públicos.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
2033.3Pensiones y cohesión socialImpulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións…

Impulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións e servizos dependentes do Estado.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
2043.3Pensiones y cohesión socialGarantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e…

Garantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e financiamento da figura da asistencia persoal.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Gasto e inversión
2053.3Pensiones y cohesión socialGarantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica…

Garantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica que perciben (CUME) garantindo que esta se vincula exclusivamente coa gravidade da enfermidade e coa necesidade acreditada de coidados directos, continuos e permanentes.

Colectivos
FamiliasMenores y alumnosPacientes
2063.3Pensiones y cohesión socialImplantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando…

Implantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando os servizos de autonomía e proximidade á distinta realidade plurinacional e territorial do Estado.

Colectivos
Mayores y pensionistas
Territorios
España
2073.4Instituciones y democraciaInhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións…

Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados.

2083.4Instituciones y democraciaRegulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a…

Regulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a compatibilidade profesional polas propias Cámaras daquelas persoas que ostentaren a condición de deputadas e senadoras.

2093.4Instituciones y democraciaPara favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar

Para favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar

2103.4Instituciones y democraciaReformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser:

reformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser:

Palancas
Cambio legal
2113.4Instituciones y democraciaSupresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a…

Supresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a autonomía de cada institución.

2123.4Instituciones y democraciaModificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa,…

Modificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa, publicando nos perfís de contratación as licitacións negociadas.

Palancas
Cambio legal
2133.4Instituciones y democraciaFomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de…

Fomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de integridade e transparencia públicas, así como o impulso dun modelo de contratación pública que contribúa ao crecemento sustentábel e que integre unha perspectiva social e ambiental nos criterios de adxudicación, baseado tamén na equidade e na xustiza sociais, e tendente a fixar investimento produtivo estábel pensado para unha economía de pequena escala, como son as PEMES.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2143.5Administración y gastoReestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado

Reestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado. Supresión da administración periférica do Estado e tamén dos departamentos ministeriais con competencias transferidas.

Territorios
España
2153.5Administración y gastoSupresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a…

Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
2163.5Administración y gastoDeroga: reforma localTransitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que…

Transitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que limita a autonomía neste ámbito e a prestación de servizos públicos municipais.

Palancas
Cambio legal
2174.1ImpuestosIncrementar a súa progresividade: que pague máis quen máis renda obtén

Incrementar a súa progresividade: que pague máis quen máis renda obtén.

2184.1ImpuestosAxustar os tramos estatais do IRPF en función do incremento anual do Índice de Prezos de Consumo en Galiza

Axustar os tramos estatais do IRPF en función do incremento anual do Índice de Prezos de Consumo en Galiza.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
Galicia
2194.1ImpuestosEstabelecer distintos tipos de gravame en función da natureza dos rendementos, minorando a tributación polos ingresos do…

Estabelecer distintos tipos de gravame en función da natureza dos rendementos, minorando a tributación polos ingresos do traballo e aumentando a correspondente aos derivados do capital.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
2204.1ImpuestosRealizar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame

Realizar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame.

2214.1ImpuestosModificar a normativa reguladora, elevando os limites para exceptuar de gravame e non computar entre os ingresos…

Modificar a normativa reguladora, elevando os limites para exceptuar de gravame e non computar entre os ingresos procedentes do traballo persoal, as cantidades destinadas pola empresa a compensar os gastos por locomoción retribuídos a traballadores e traballadoras que utilicen medios de transporte privado, de 0,26€ por km a 0,40€ por km percorrido mais os gastos de portaxes e aparcadoiro que se xustifiquen, para así evitar que tributen polo exceso derivado do aumento dos prezos.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legalImpuestos y cotizaciones
2224.1ImpuestosDeber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio…

Deber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio social noutras partes do Estado.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
GaliciaEspaña
2234.1ImpuestosEstabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa

Estabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa.

Colectivos
Empresas e industria
2244.1ImpuestosAplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados

Aplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados.

2254.1ImpuestosAplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de…

Aplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de capitalización ás entidades de reducida dimensión ou PEMES, premiando a non-distribución dos beneficios, para que as empresas se capitalicen cos seus propios beneficios en lugar de recorreren ao financiamento externo, reducindo a súa débeda.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedoresEmpresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2264.1ImpuestosEstabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores…

Estabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores estratéxicos galegos.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia
2274.1ImpuestosReducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no…

Reducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no tramo superreducido.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
2284.1ImpuestosEstabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal…

Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2294.1ImpuestosRebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de…

Rebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de subministracións básicas ao 5% e estabelecer a súa permanencia.

2304.1ImpuestosEstabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE)…

Estabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) do 5,1 % ao 0,5 %.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
2314.1ImpuestosBlindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas,…

Blindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas, reducir os límites de exención, aumentar a súa progresividade e traspasar a súa xestión á Galiza.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
Territorios
Galicia
2324.1ImpuestosPromover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e…

Promover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e recursos suficientes, para conseguir una maior equidade e xustiza social na repartición das cargas tributarias.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
2334.1ImpuestosProhibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades…

Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2344.1ImpuestosEstabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos…

Estabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos naturais, cuxa finalidade, máis que recadatoria, sexa a modificación de condutas que inciden negativamente sobre o medio.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
2354.1Administración y gastoReclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento…

Reclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo.

2364.1Administración y gastoSeguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de…

Seguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo.

2374.2Productividad e innovaciónO saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria

O saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria

Colectivos
Empresas e industria
2384.2Productividad e innovaciónAuxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería…

auxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería destinarse un incremento considerábel dos fondos e da porcentaxe do PIB.

Palancas
Gasto e inversión
2394.2Productividad e innovaciónO Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios…

O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
2404.2Productividad e innovaciónA oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas…

A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
2414.2Productividad e innovaciónPromoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a…

Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol.

Territorios
Galicia
2424.2Productividad e innovaciónConverter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a…

Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza.

Palancas
Cambio legalGasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
2434.2Productividad e innovaciónExixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a…

Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría.

2444.2Productividad e innovaciónTransferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de…

Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
2454.2Productividad e innovaciónEstabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de…

Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
2464.2Productividad e innovaciónReorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou…

Reorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou indirecta, apostando na blindade dos sectores e actividades estratéxicas,

Palancas
Plan o pacto
2474.2Productividad e innovaciónNomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as…

nomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as comunicacións.

Territorios
Galicia
2484.3Campo, mar y mundo ruralA modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con…

A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo que non se fan vendas por debaixo de custos de produción. Para esta protección apoiaranse en datos derivados

Palancas
Cambio legal
2494.3Campo, mar y mundo ruralDe estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias…

de estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias particularidades nos distintos sectores produtivos, garantindo a viabilidade do sector agrogandeiro galego.

Territorios
Galicia
2504.3Campo, mar y mundo ruralImpulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras…

Impulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras galegas e favorezan a viabilidade dos produtores, achegando aos consumidores produtos de calidade diferenciada, tanto frescos coma transformados, favorecendo producións respectuosas co medio ambiente, favorecendo a economía e a cohesión social.

Territorios
Galicia
2514.3Campo, mar y mundo ruralProtección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir…

Protección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir tanto na gandería como na agricultura e que ten efectos nocivos sobre o noso agro, con perdas económicas incalculábeis derivadas da súa chegada. A loita contra elas ten que ser conxunta, coa achega dos recursos precisos, tanto económicos coma humanos, que garantan a protección do noso sector produtivo e poñan a disposición as medidas preventivas precisas en cada momento e os informes, análises e estudos que permitan estar preparados e informados.

Colectivos
Mundo rural y marPacientes
Palancas
Gasto e inversión
2524.3Campo, mar y mundo ruralRexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o…

Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
GaliciaUnión Europea
2534.3Campo, mar y mundo ruralDefensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario…

Defensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario galego, evitando os prexuízos que determinadas normativas traen as nosas explotacións agrogandeiras a hora de acceder as axudas da PAC.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
2544.3Campo, mar y mundo ruralFronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE…

Fronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE multiplicando por dez o seu orzamento actual en Defensa a conta de centralizar e recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%), esiximos a xestión descentralizada e o incremento dos fondos para o desenvolvemento territorial, a produción e a soberanía alimentaria, a sustentabilidade e o futuro dos nosos sectores produtivos. Nesta campo hai que ter en conta a forte incidencia que pode traer aos nosos concellos a posíbel

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Unión Europea
2554.3Campo, mar y mundo ruralDesaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural

desaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural.

2564.3Campo, mar y mundo ruralDefensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque…

Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais.

Palancas
Reorganizar el Estado
2574.3Campo, mar y mundo ruralO Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra…

O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural.

Territorios
GaliciaEspaña
2584.3Campo, mar y mundo ruralO recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”

O recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2594.3Campo, mar y mundo ruralEliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación…

Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega.

Territorios
Galicia
2604.3Campo, mar y mundo ruralO recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza , a súa participación e consentimento naquelas cuestións…

O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza , a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
2614.3Campo, mar y mundo ruralA negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector

A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2624.3Campo, mar y mundo ruralA exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas

A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas .

Colectivos
Mundo rural y mar
2634.3ImpuestosA redución do IVE aos produtos pesqueiros

A redución do IVE aos produtos pesqueiros.

Colectivos
Mundo rural y mar
2644.3Energía y climaA necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma…

A necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma continental da costa galega e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas.

Territorios
Galicia
2654.3Campo, mar y mundo ruralO estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético

O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético. Transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, ISM, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado a Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
2664.3Infraestructuras y aguaEstudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a…

Estudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a ineficacia para o noso pais do sistema unitario agora instalado, e poder desenvolver o saneamento integral real e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas.

Territorios
Galicia
2674.3Campo, mar y mundo ruralEvitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do…

Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza.

Colectivos
Empleados públicos
Territorios
GaliciaUnión Europea
2684.3Campo, mar y mundo ruralA implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación…

A implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre:

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
2694.3Infraestructuras y aguaTransferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e…

Transferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e reorganizando os espazos portuarios para poder devolver á cidadanía o esforzo social que supuxo a creación dos portos.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
España
2704.3Campo, mar y mundo ruralTransferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo

Transferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo.

2714.3Campo, mar y mundo ruralA exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca

A exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Unión Europea
2724.4Empleo y emprendimientoPromover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas

Promover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2734.4Empleo y emprendimientoTraballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea…

Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea , especialmente en materia de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2744.4Empleo y emprendimientoPromover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade

Promover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade.

2754.4Empleo y emprendimientoDefender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade

Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade.

2764.4Empleo y emprendimientoDefender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas…

Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
2774.4Empleo y emprendimientoImpulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda…

Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social.

Colectivos
MujeresAutónomos, pymes y emprendedores
2784.5Productividad e innovaciónElevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030

Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030.

Palancas
Gasto e inversión
2794.5Productividad e innovaciónGarantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos…

Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas.

Palancas
Gasto e inversión
2804.5Productividad e innovaciónTransferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do…

Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
2814.5Productividad e innovaciónContinuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun…

Continuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais:

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
Galicia
2824.6Energía y climaFomentar unha transformación enerxética que dea prioridade a un modelo de xeración e produción de enerxía eléctrica…

Fomentar unha transformación enerxética que dea prioridade a un modelo de xeración e produción de enerxía eléctrica distribuída, a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, ao

2834.6Energía y climaControl público da enerxía, á consideración do acceso á enerxía como un ben público e esencial e cuxa implantación pivote…

control público da enerxía, á consideración do acceso á enerxía como un ben público e esencial e cuxa implantación pivote en función do desenvolvemento social e económico das zonas produtoras.

2844.6Energía y climaImpulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de…

Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción.

Territorios
Galicia
2854.6Energía y climaModificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación…

Modificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación das grandes eléctricas e garantindo que a súa retribución se estipule con base aos custos recoñecidos de produción.

Palancas
Cambio legal
2864.6Energía y climaTransferir as competencias en materia enerxética, de maneira que se corrixa a anomalía democrática de que, malia estar…

Transferir as competencias en materia enerxética, de maneira que se corrixa a anomalía democrática de que, malia estar especializada na produción, Galiza teña impedimentos para deseñar o seu propio modelo enerxético e de descarbonización de maneira acorde ás súas necesidades enerxéticas, sociais, económicas e medioambientais, garantindo o control público galego deste sector estratéxico.

Territorios
Galicia
2874.6Energía y climaTransferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión…

Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Palancas
Plan o pacto
Territorios
España
2884.6Energía y climaReformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e…

Reformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
2894.6Energía y climaRetirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore,…

Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais.

Colectivos
Mundo rural y mar
Territorios
Galicia
2904.6Energía y climaRecuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas…

Recuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes

2914.6Energía y climaEnerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto…

enerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto Ambiental e sen participación cidadá, o que fomentou un boom eólico depredador con proxectos que non están calibrados para o desenvolvemento social e económico do noso país e que coliden coa preservación da biodiversidade e dos usos económicos e sociais do territorio. No mesmo sentido, cómpre someter a revisión aqueles xa aprobados para paralizar os máis lesivos.

2924.6Energía y climaColaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación,…

Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras.

Territorios
Galicia
2934.6Energía y climaImpulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun…

Impulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun mecanismo que supere a formulación do bono social e as súas carencias, e prohibindo definitivamente os cortes de subministro.

2944.6Energía y climaImpulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha…

Impulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha política decidida de fomento das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustíbeis fósiles en todos os sectores consumidores, poñendo especial atención naqueles que, polas súas características teñen unha dependencia estrema destes, como poden ser os sectores primarios ou o transporte.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
2954.6Energía y climaImpulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base…

Impulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base cidadá sustentábel en colaboración cos territorios, que avance na corrección das carencias canto a conexión á rede, á cadea produtiva, ao aproveitamento dos excedentes, á formación de consumidores e de produtores, aos trámites administrativos e das distribuidoras etc, así como o fomento das iniciativas compartidas e das axudas aos sectores con máis dificultades económicas para garantir a súa democratización, así como do recoñecemento das comunidades de montes como comunidades enerxéticas.

Palancas
Gasto e inversión
2964.6Energía y climaImpulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e

Impulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e

2974.6Energía y climaÁ súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía

á súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
2984.6Energía y climaCrear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo

Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo.

Colectivos
Empresas e industria
2994.6Energía y climaRematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais,…

Rematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais, de forma que se fomenten proxectos industriais con investimento e creación de emprego nos concellos afectados, mediante un proceso con bases de concorrencia e supervisado por unha mesa de transición onde estean representados os axentes sociais e a administración local das zonas de transición xusta.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3004.6Energía y climaImpulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto…

Impulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto eléctrico, coma no térmico.

Palancas
Reorganizar el Estado
3014.6Energía y climaGarantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das…

Garantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das mesas de transición a obxecto de facer seguimento aos cumprimentos dos Convenios de Transición Xusta.

3024.6Energía y climaCompensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos…

Compensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos Plans do Carbón.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
3034.6Energía y climaComprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo…

Comprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo para o medio e para a saúde.

Colectivos
Pacientes
3044.6Energía y climaRegular as plantas de biogás

Regular as plantas de biogás. É preciso contar cunha lei que regule este tipo de instalacións que defina claramente os usos do dixestato e limite as afeccións locais.

Palancas
Cambio legal
3054.6Energía y climaDeclarar as materias primas críticas e estratéxicas bens de dominio público de especial interese, sometendo o seu

Declarar as materias primas críticas e estratéxicas bens de dominio público de especial interese, sometendo o seu

3064.6Energía y climaCoñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos

coñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos.

Palancas
Gasto e inversión
3074.6Energía y climaFacultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais…

Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo.

Territorios
Galicia
3084.6Energía y climaEstabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais…

Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos.

Palancas
Gasto e inversión
3094.6Energía y climaCondicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a…

Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica.

3104.6Energía y climaDelimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio…

Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor.

Colectivos
Mundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
3114.6Energía y climaIncorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas…

Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros.

Colectivos
Pacientes
3124.6Energía y climaEliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de…

Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva.

Palancas
Gasto e inversión
3134.6Energía y climaImpedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación…

Impedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións.

3144.6Energía y climaReducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento…

Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o dereito mineiro.

3154.6Energía y climaGarantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais,…

Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración.

Palancas
Plan o pacto
3164.6Energía y climaAmpliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes,

Ampliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes,

3174.6Energía y climaPersoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados

persoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados.

3184.6Energía y climaSometer tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo…

Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos.

Palancas
Gasto e inversión
3194.6Energía y climaRestrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de…

Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente.

Colectivos
Pacientes
3204.6Energía y climaVincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de…

Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3214.6Energía y climaEvitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de…

Evitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país.

Palancas
Gasto e inversión
3224.6Energía y climaPriorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións,…

Priorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas.

3234.6Energía y climaReforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante…

Reforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas.

3244.6Energía y climaCrear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas…

Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
3254.6Energía y climaReformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións…

Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior.

Palancas
Cambio legal
3264.6Energía y climaImpedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública,…

Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública, deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública.

3274.6Energía y climaRecoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa…

Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación.

3285.1Infraestructuras y aguaImplantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas,…

Implantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas, aproveitando as infraestruturas existentes ou creando aquelas novas que foren necesarias, así como recuperando apeadoiros e estacións agora en desuso e dotándoo das conexións oportunas, frecuencias, horarios e tarifas necesarias para fomentar o seu uso.

Territorios
Galicia
3295.1Infraestructuras y aguaActualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A…

Actualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol, A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da saída sur de Vigo e o inicio efectivo da construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo. No tramo A Coruña–Ferrol é urxente resolver de vez a tramitación do bypass de Betanzos e pasar á execución das obras; no corredor A Coruña–Lugo–Monforte, deben concluír e ampliarse as actuacións xa iniciadas, sen agardar aos prazos máis afastados que contempla a planificación europea; e na liña do Miño, a renovación integral en curso debe concluír sen novos cortes prolongados do servizo.

Territorios
GaliciaPortugal
3305.1Infraestructuras y aguaCompletar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do…

Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos.

Territorios
Galicia
3315.1Infraestructuras y aguaSolucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a…

Solucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a adopción dos proxectos que mellor se adapten (paso elevado en Oza-Cesuras, variante ferroviaria de Parga, pasos a nivel no barrio dos Praceres, soterramento no Porriño, pasos soterrados en Ourense..., entre outros).

3325.1Infraestructuras y aguaIncrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT,…

Incrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT, así como rebaixar os prezos e estabelecer bonificacións para as persoas usuarias frecuentes. A incorporación dos trens Avril e as melloras puntuais da oferta non substitúen a reclamos de fondo: un Eixo Atlántico con frecuencias de verdadeiro corredor metropolitano e sen cortes recorrentes do servizo.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3335.1Infraestructuras y aguaRematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con…

Rematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con contratación inmediata dos tramos aínda non licitados e un cronograma firme e financiado para o seu remate integral.

Palancas
Gasto e inversión
3345.1Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte…

Transferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte ferroviario (GALTRÉN), tomando como referencia os modelos xa consolidados noutros territorios do Estado.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
GaliciaEspaña
3355.1Infraestructuras y aguaRealizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade

Realizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade. Instalación do

3365.1Infraestructuras y aguaSistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade…

sistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade ferroviaria, como a implantación do Plan de Seguranza Ferroviaria.

Palancas
Plan o pacto
3375.1Infraestructuras y aguaDeclarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de…

Declarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de mercadorías por terra. Introducir esta declaración no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, con obxectivos medíbeis por ano.

Palancas
Plan o pacto
3385.1Infraestructuras y aguaPromover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora…

Promover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora substancial do Tren Celta, Vigo-Porto), como na articulación dun sistema de proximidade transfronteiriza, así como en garantir a posta en marcha da conexión de alta velocidade Vigo-Porto no horizonte do 2030-2032.

Territorios
Portugal
3395.2Infraestructuras y aguaAP-9 galega, pública e libre de peaxes

AP-9 galega, pública e libre de peaxes. Logo da aprobación da transferencia da autoestrada, o BNG reclamará a anulación da prórroga concedida no ano 2000 polo goberno do PP para lograr a gratuidade da principal vía de comunicación do Eixo Atlántico.

Territorios
Galicia
3405.2Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes

Transferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes.

Territorios
Galicia
3415.2Infraestructuras y aguaFinalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é…

Finalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é fundamental para completar a conexión por autovía entre Santiago de Compostela e Lugo, aberta e aínda incompleta tras a posta en servizo do tramo Melide–Palas de Rei.

3425.2Infraestructuras y aguaLicitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva…

Licitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva anos en proxecto e sen execución, tras a aprobación definitiva do proxecto de trazado do primeiro tramo.

3435.2Infraestructuras y aguaExecutar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a…

Executar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a cidade de Ourense entre si e facilitar a saída cara á comarca do Bierzo, e que permanecen paralizadas no territorio lucense.

Territorios
Galicia
3445.2Infraestructuras y aguaMellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes

Mellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes. Especial atención, pola súa vulnerabilidade, deben ter as motocicletas e as bicicletas, particularmente no que atinxe aos sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antiderrapante...). O obxectivo da circulación con seguranza debe ser abordado tamén no ámbito da formación e da regulación do tránsito.

3455.2Infraestructuras y aguaTransferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer…

Transferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer en práctica accións para mellorar a seguridade e a xestión do conxunto da rede de estradas existentes no país.

Territorios
Galicia
3465.2Infraestructuras y aguaDar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense

Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense.

3475.3Infraestructuras y aguaReclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de…

Reclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de artellar un sistema aeroportuario integral galego, baseado na especialización, na creación de sinerxías e na complementariedade dos tres aeroportos, así como demandar a mellora e a modernización das súas instalacións. Ademais disto reverter e asegurar o control e a xestión pública das torres de control para garantir a seguridade aérea.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3485.3Infraestructuras y aguaInstar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de…

Instar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol-San Cibrao. Neste último é preciso así mesmo lograr a liberalización do porto de Morás e abrilo ao tráfico e ao transporte de mercadorías.

Territorios
Galicia
3495.3Infraestructuras y aguaDotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas…

Dotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas viarias para lograr un transporte de mercadorías moderno, acelerando

Territorios
Galicia
3505.3Infraestructuras y aguaActuacións como a renovación do acceso ferroviario ao porto de Ferrol e a conexión do porto de Langosteira

actuacións como a renovación do acceso ferroviario ao porto de Ferrol e a conexión do porto de Langosteira.

3515.3Infraestructuras y aguaDemandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de…

Demandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de Transporte.

Territorios
Galicia
3526Energía y climaO traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento…

O traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación, servizos de meteoroloxía, centros de investigación, portos de interese xeral e bacías hidrográficas.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3536DefensaA desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza

A desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza.

Territorios
Galicia
3546Energía y climaA reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de…

A reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de avaliación ambiental, Lei de patrimonio natural e a Lei de parques nacionais.

Palancas
Cambio legal
3556Energía y climaGarantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco…

Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026)

3566Energía y climaTransferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos…

Transferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos naturais e rexeneración de espazos degradados.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3576Energía y climaDesenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas…

Desenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais.

Palancas
Plan o pacto
3586Energía y climaLimitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e…

Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos.

Palancas
Gasto e inversión
3596Energía y climaPoñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras

Poñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras.

3606Energía y climaDesenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas…

Desenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas.

Palancas
Cambio legal
3616Energía y climaEn tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre…

En tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre (DPMT), impulso das reformas legais (lei e regulamento xeral de costas, lei de cambio climático) que teñan en conta as

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
3626Energía y climaCaracterísticas diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a…

características diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a incidencia do cambio climático. Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais.

Colectivos
Empresas e industria
Territorios
Galicia
3636Campo, mar y mundo ruralRecoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas,…

Recoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas, sometida, en todo caso, aos límites de uso e autorizacións que correspondan ás súas características específicas.

3646Energía y climaPoñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do…

Poñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do medio, así como da conservación das especies e dos recursos naturais.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
Territorios
España
3656Infraestructuras y aguaImpulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da…

Impulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da rexeneración das rías galegas, transferindo a Galiza os recursos necesarios, así como a capacidade para a planificación, deseño, aprobación e a execución das infraestruturas hidráulicas que actualmente ten atribuídas o Goberno central.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3666Energía y climaCrear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo…

Crear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega.

Territorios
Galicia
3676Energía y climaRevisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva…

Revisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva europea de servizos e o Plan de Ordenación do Litoral (POL), e impulso da rexeneración da ría de Pontevedra e do dominio público marítimo terrestre. Recuperar e rexenerar os terreos en dominio público marítimo terrestre ocupados pola Xunta e o Estado no ENIL da Xunqueira do Alba (Pontevedra).

Palancas
Cambio legalPlan o pacto
Territorios
España
3686Energía y climaDemandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de…

Demandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de residuos nucleares na Foxa Atlántica, a 600 km da costa galega.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
GaliciaEspaña
3696Campo, mar y mundo ruralRecoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se…

Recoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se recoñeza de maneira expresa a propiedade de carácter colectivo ou comunitario como unha realidade xurídica diferente da titularidade pública e da privada. Este

3706Campo, mar y mundo ruralRecoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do…

recoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do territorio (case 700.000 hectáreas), constitúen un sinal de identidade territorial e sociocultural e son ademais un motor de desenvolvemento económico e produtivo.

Territorios
Galicia
3716Campo, mar y mundo ruralAprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de…

Aprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de propietarios particulares e comunidades de montes.

3726Energía y climaTransformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de…

Transformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de empresas contaminantes) cara a sistemas de compensación pola prestación de servizos ecosistémicos (preservación de ecosistemas de alto interese, prevención do cambio climático, conservación e protección dos recursos hídricos, conservación do bosques maduros, prevención da erosión, da degradación e da artificialización de solos, incremento da superficie agraria útil e da produción sustentábel de alimentos, usos socioculturais e de lecer…).

Colectivos
Empresas e industriaMundo rural y mar
Palancas
Gasto e inversión
3736Campo, mar y mundo ruralConsiderar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo,…

Considerar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo, coa conseguinte limitación do seu cultivo para garantir a protección do solo e das reservas de auga, a conservación da biodiversidade e a protección fronte aos incendios forestais.

3746Energía y climaAprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de…

Aprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de macroproxectos forestais, enerxéticos e mineiros de carácter extractivo e depredador.

3756Energía y climaImpulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos…

Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais.

Palancas
Gasto e inversión
3766Energía y climaImpulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o…

Impulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o boicot por parte de entidades de xestión.

3776Energía y climaDesenvolver plans de recuperación de solos contaminados

Desenvolver plans de recuperación de solos contaminados.

Palancas
Plan o pacto
3786Energía y climaVixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente…

Vixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente asfálticos, que non conten con garantías ambientais, que non se sometan a procesos regulados de inertización.

Colectivos
Empresas e industria
3796Energía y climaAplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra)…

Aplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra) fronte a restricións relacionadas co tipo e coa antigüidade dos vehículos, que xeran discriminacións de acceso por nivel de renda.

3806Energía y climaArtellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola…

Artellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 1406/1989, de 10 de Novembro, sobre limitacións e comercialización de certas sustancias perigosas, nomeadamente o abesto.

Palancas
Cambio legal
3816Energía y climaReformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto…

Reformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto 105/2008), e a que regula a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (Real Decreto 975/2009) para evitar a utilización de inertes mesturados e outros materiais potencialmente contaminantes na “restauración” de canteiras, que na práctica se converten en enormes vertedoiros encubertos.

Palancas
Cambio legal
3827Lengua, cultura y memoriaImpulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas

Impulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas.

Palancas
Plan o pacto
3837Lengua, cultura y memoriaGarantir a presenza regular da lingua e das producións culturais galegas na RTVE, tanto nas desconexións para Galiza como…

Garantir a presenza regular da lingua e das producións culturais galegas na RTVE, tanto nas desconexións para Galiza como na programación para todo o Estado.

Territorios
GaliciaEspaña
3847Lengua, cultura y memoriaIncrementar as horas de desconexión territorial en galego na TVE, no horizonte de crear un novo canal de TV en galego

Incrementar as horas de desconexión territorial en galego na TVE, no horizonte de crear un novo canal de TV en galego.

Territorios
Galicia
3877Lengua, cultura y memoriaGarantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais…

Garantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais en galego por parte do Ministerio de Cultura.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3887Lengua, cultura y memoriaReformar a Lei do audiovisual para garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado

Reformar a Lei do audiovisual para garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado. Exixir ás plataformas a dispoñibilidade das producións do seu catálogo con dobraxe e lexendaxe en galego, especialmente nos contidos dirixidos ao público infantil, ademais de mellorar a definición e regulación das produtoras independentes e a promoción e normalización da lingua galega no mundo audiovisual.

Palancas
Cambio legal
Territorios
GaliciaEspaña
3897Lengua, cultura y memoriaImpulsar os convenios para o ensino do galego como segundo idioma na educación secundaria e nas Escolas Oficiais de…

Impulsar os convenios para o ensino do galego como segundo idioma na educación secundaria e nas Escolas Oficiais de Idiomas noutros territorios do Estado.

Territorios
GaliciaEspaña
3907Lengua, cultura y memoriaDe forma especial, garantir a sinatura de convenios para ensino do galego en toda a etapa educativa nos territorios…

De forma especial, garantir a sinatura de convenios para ensino do galego en toda a etapa educativa nos territorios galegofalantes de comunidades limítrofes.

Territorios
Galicia
3917Lengua, cultura y memoriaAumentar o cofinanciamento das institucións lingüísticas e culturais do noso país

Aumentar o cofinanciamento das institucións lingüísticas e culturais do noso país.

3927Lengua, cultura y memoriaGarantir unha liña de axudas específica para a creación literaria en galego, eliminando o requisito de ter que entregar…

Garantir unha liña de axudas específica para a creación literaria en galego, eliminando o requisito de ter que entregar traducidas esas obras ao español.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
3937Lengua, cultura y memoriaDemandar a catalogación e dixitalización do patrimonio documental galego depositado en arquivos institucionais de fóra de…

Demandar a catalogación e dixitalización do patrimonio documental galego depositado en arquivos institucionais de fóra de Galiza para favorecer o coñecemento, a divulgación e a investigación.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
3947Lengua, cultura y memoriaImpulsar o coñecemento, a divulgación e a convivencia das diferentes expresións culturais en galego, en pé de igualdade…

Impulsar o coñecemento, a divulgación e a convivencia das diferentes expresións culturais en galego, en pé de igualdade coas restantes do Estado, e contribuír ao posicionamento a nivel internacional.

Territorios
GaliciaEspaña
3957Lengua, cultura y memoriaAsegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento…

Asegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento do galego entre o funcionariado para así garantir os dereitos lingüísticos na relación entre esta e as empresas que traballan para ela.

Colectivos
Empresas e industriaEmpleados públicos
Territorios
Galicia
3967Lengua, cultura y memoriaGarantir o estrito respecto da nosa toponimia por parte de todos os organismos da administración do Estado, así como…

Garantir o estrito respecto da nosa toponimia por parte de todos os organismos da administración do Estado, así como exixir o respecto pola legalidade por parte das apps de xeolocalización que seguen a utilizar nomenclatura deturpada.

Territorios
España
3977Lengua, cultura y memoriaRealizar as mudanzas legais precisas para oficializar na súa orixinalidade galega a toponimia marítima na costa galega:…

Realizar as mudanzas legais precisas para oficializar na súa orixinalidade galega a toponimia marítima na costa galega: nomes de distritos e provincias marítimas, matriculación de embarcacións e cartografía marítima e cartas náuticas, avisos a navegantes, e denominación dos accidentes xeográficos (nomes das rías, illas, puntas, cantís, etc.).

Territorios
Galicia
3987Lengua, cultura y memoriaImpulsar as modificacións legais para que, de acordo con todas as ferramentas tecnolóxicas hoxe dispoñíbeis, a…

Impulsar as modificacións legais para que, de acordo con todas as ferramentas tecnolóxicas hoxe dispoñíbeis, a documentación en galego sexa aceptada como oficial para calquera xestión coa Administración Xeral do Estado.

Territorios
GaliciaEspaña
3997Lengua, cultura y memoriaCumprir coa oficialidade do galego na Administración de Xustiza, no horizonte de promovelo a lingua preferente nas…

Cumprir coa oficialidade do galego na Administración de Xustiza, no horizonte de promovelo a lingua preferente nas resolucións, comunicacións e notificacións de oficio dos órganos administrativos. Impulsaranse plans piloto, formación e incentivos profesionais para garantir a oficialidade real do galego.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
Galicia
4007Lengua, cultura y memoriaGarantir a dispoñibilidade plena do galego en toda a Administración Xeral do Estado e nas súas plataformas dixitais,…

Garantir a dispoñibilidade plena do galego en toda a Administración Xeral do Estado e nas súas plataformas dixitais, habilitando a opción de galego en todas as tramitacións telemáticas, formularios, notificacións e canles de atención de todos os organismos estatais, en igualdade real de condicións co castelán, tanto na web como nas aplicación móbeis e nos sistemas de identificación e sinatura dixitais.

Territorios
GaliciaEspaña
4017Lengua, cultura y memoriaGarantir que todos os sistemas de IA, atención automatizada e administración dixital do Estado funcionen plenamente en…

Garantir que todos os sistemas de IA, atención automatizada e administración dixital do Estado funcionen plenamente en galego (chatbots, asistentes virtuais, formularios intelixentes etc).

Territorios
GaliciaEspaña
4027Lengua, cultura y memoriaPromover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de…

Promover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de lingua, ferramentas educativas dixitais etc.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4037Lengua, cultura y memoriaGarantir o dereito a estudar e realizar os exames da UNED en galego

Garantir o dereito a estudar e realizar os exames da UNED en galego.

Territorios
Galicia
4047Lengua, cultura y memoriaIncluír o galego como materia optativa na rede de centros da Acción Educativa Exterior

Incluír o galego como materia optativa na rede de centros da Acción Educativa Exterior.

Territorios
Galicia
4057Lengua, cultura y memoriaGarantir o dereito a acceder á documentación e trámites administrativos en galego nos consulados españois no estranxeiro

Garantir o dereito a acceder á documentación e trámites administrativos en galego nos consulados españois no estranxeiro.

Territorios
Galicia
4067Lengua, cultura y memoriaIngreso da Galiza como Membro asociado da UNESCO e da OMT, alén de ser parte tamén noutras organizacións internacionais…

Ingreso da Galiza como Membro asociado da UNESCO e da OMT, alén de ser parte tamén noutras organizacións internacionais que traballan no ámbito histórico, lingüístico e cultural.

Territorios
Galicia
4087Lengua, cultura y memoriaGarantir unha oferta regular e non puntual de cursos de galego (presenciais e en liña) en centros estratéxicos e por…

Garantir unha oferta regular e non puntual de cursos de galego (presenciais e en liña) en centros estratéxicos e por faixas horarias accesíbeis.

Territorios
Galicia
4097Lengua, cultura y memoriaImpulsar módulos formativos sobre a diversidade de linguas do Estado español

Impulsar módulos formativos sobre a diversidade de linguas do Estado español.

Territorios
España
4107Lengua, cultura y memoriaDesenvolver unha liña anual e regular de actividades culturais en galego (literatura, cinema, música, ciencia etc)

Desenvolver unha liña anual e regular de actividades culturais en galego (literatura, cinema, música, ciencia etc).

Territorios
Galicia
4117Lengua, cultura y memoriaReforzar os fondos bibliográficos e dixitais en galego en todas as bibliotecas do Instituto Cervantes

Reforzar os fondos bibliográficos e dixitais en galego en todas as bibliotecas do Instituto Cervantes.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4127Lengua, cultura y memoriaRecoñecer e impulsar o papel de Galiza como ponte natural co espazo lusófono, promovendo políticas de cooperación…

Recoñecer e impulsar o papel de Galiza como ponte natural co espazo lusófono, promovendo políticas de cooperación cultural, educativa, comunicativa e económica cos países de lingua portuguesa, aproveitando o potencial do galego como valor estratéxico internacional. Débense remover as trabas e garantir os instrumentos precisos para facer efectiva esa cooperación.

Territorios
GaliciaPortugal
4137Lengua, cultura y memoriaExixir o cumprimento dos acordos parlamentares para a recepción dos medios públicos audiovisuais de Portugal en

Exixir o cumprimento dos acordos parlamentares para a recepción dos medios públicos audiovisuais de Portugal en

Territorios
Portugal
4147Lengua, cultura y memoriaGaliza, no cadro da cooperación cos países da Lusofonía para as relacións reciprocamente beneficiosas entre as nosas culturas

Galiza, no cadro da cooperación cos países da Lusofonía para as relacións reciprocamente beneficiosas entre as nosas culturas.

Territorios
Galicia
4157Exterior y Unión EuropeaGarantir a presenza de Galiza na participación do Estado español na CPLP, incorporando ás delegacións e grupos de…

Garantir a presenza de Galiza na participación do Estado español na CPLP, incorporando ás delegacións e grupos de traballo persoas expertas galegas, e desenvolvendo unha axenda estábel orientada á promoción do galego e á cooperación con Portugal, Brasil, os PALOP e demais territorios da CPLP.

Territorios
GaliciaEspañaPortugal
4167Exterior y Unión EuropeaExplorar e promover, en diálogo coa CPLP e cos Estados membros, as vías para unha presenza directa de Galiza, e instar o…

Explorar e promover, en diálogo coa CPLP e cos Estados membros, as vías para unha presenza directa de Galiza, e instar o Estado español a non bloquear e apoiar esa presenza.

Territorios
GaliciaEspaña
4178.1Infraestructuras y aguaTransferencia de competencias e recursos

Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
4188.1Productividad e innovaciónDereito á soberanía dixital

Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico.

4198.1Productividad e innovaciónFinanciamento dun ecosistema público galego de IA

Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
GaliciaEspaña
4208.1Productividad e innovaciónIA distribuída e modelos especializados

Redirixir os fondos públicos de innovación cara á intelixencia artificial distribuída e a modelos de linguaxe pequenos e especializados, executábeis en infraestruturas locais de baixo consumo enerxético e con aprendizaxe federada que preserve a privacidade.

Palancas
Gasto e inversión
4218.1Productividad e innovaciónTecnoloxía adaptada á realidade produtiva

Fomentar sistemas deseñados para o traballo común entre persoas e a IA que aumenten a produtividade da pequena e mediana produción e da economía dos coidados, rexeitando a substitución de actividades humanas e excluíndo os usos militares e armados.

4228.1Productividad e innovaciónFortalecemento da investigación e innovación

Garantir financiamento estrutural estábel para o ecosistema galego de pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e para os grupos de investigación punteiros en tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía, saúde e sector espacial.

Colectivos
Empresas e industriaPacientes
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4238.2Instituciones y democraciaLei de transparencia algorítmica e supervisión humana

Promover un marco regulatorio estatal que garanta o dereito a recibir información inmediata, comprensíbel e sobre os criterios aplicados cando unha decisión relevante sexa adoptada total ou parcialmente por sistemas automatizados nas administracións públicas ou grandes empresas de servizos esenciais (banca, seguros e telecomunicacións).

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legal
4248.2Instituciones y democraciaDereito de veto algorítmico

Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana.

Colectivos
Empleados públicos
4258.2Instituciones y democraciaAuditorías públicas antisesgo

Crear mecanismos públicos de inspección e auditoría dos algoritmos de interese xeral para detectar e corrixir nesgos de xénero, clase, orixe ou territorialidade que provoquen discriminacións.

4268.2Instituciones y democraciaRexistro estatal de sistemas algorítmicos

Crear un rexistro público dos sistemas de IA empregados na adopción de decisións públicas e prohibir que a concesión ou denegación de prestacións sociais ou dereitos fundamentais dependa de automatismos sen intervención humana efectiva.

4278.2Instituciones y democraciaSupervisión previa dos sistemas de risco sistémico

Obrigar a que os modelos de IA e redes sociais de risco sistémico se sometan á avaliación de organismos públicos independentes antes de saíren ao mercado. Reclamar financiamento para que as nacións do Estado conten con organismos propios de supervisión.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
4288.2Instituciones y democraciaLimitación da vixilancia biométrica

Estabelecer límites estritos ao recoñecemento facial e á vixilancia biométrica masiva en espazos públicos, vetando a policía preditiva e o uso da IA para substituír as decisións xudiciais.

4298.2DefensaProhibición de decisións letais automatizadas

Defender a prohibición internacional e estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas.

4308.2Instituciones y democraciaProtección dos neurodereitos

Impulsar lexislación que garanta a privacidade mental e a libre determinación da identidade fronte á manipulación ou ao rexistro neurocognitivo por parte de corporacións ou Estados.

Palancas
Cambio legal
4318.3Lengua, cultura y memoriaFinanciamento das tecnoloxías da lingua

Reclamar partidas orzamentarias estatais específicas e proporcionais para a rexeneración dixital do galego, incluíndo modelos de linguaxe de gran escala públicos, corpus lingüísticos e ferramentas de procesamento de texto e voz.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4328.3Lengua, cultura y memoriaPlena dispoñibilidade do galego

Esixir ás plataformas dixitais a incorporación efectiva e de calidade do galego (en texto e voz) en sistemas operativos, aplicacións e modelos de IA, en igualdade co resto de linguas oficiais.

Territorios
Galicia
4338.3Lengua, cultura y memoriaCooperación galego-portuguesa

Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus. En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
GaliciaPortugal
4348.3Lengua, cultura y memoriaDereito a modelos adaptados á nosa cultura

Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos.

4358.3Productividad e innovaciónCiencia aberta e retorno social

Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
Galicia
4368.4Productividad e innovaciónDesenvolvemento de cooperativas de datos

Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE) 2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva.

Palancas
Cambio legalGasto e inversión
Territorios
EspañaUnión Europea
4378.4Productividad e innovaciónDatos colectivos como ben común

Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
4388.4Productividad e innovaciónAcceso común ao coñecemento

Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común.

Territorios
EspañaUnión Europea
4408.4Productividad e innovaciónInterese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola…

interese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola hexemonía tecnolóxica bloquee o acceso compartido.

4418.4Productividad e innovaciónGoberno democrático dos datos

Desenvolver instrumentos que garantan a participación das comunidades nas decisións sobre o uso e a reutilización dos datos colectivos, asegurando que os beneficios e o valor revertan no propio territorio.

4428.5Productividad e innovaciónRede pública de almacenamento e computación

Impulsar unha lei de infraestruturas dixitais de propiedade pública e crear unha rede estatal de almacenamento e computación como alternativa soberana ás nubes privadas transnacionais.

Palancas
Cambio legal
4438.5Productividad e innovaciónNube pública galega

Reclamar a transferencia directa de fondos europeos e estatais de dixitalización para que Galiza desenvolva a súa propia infraestrutura pública de servidores, adaptada ás necesidades das administracións, universidades, servizos públicos e do noso tecido produtivo.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4448.5Productividad e innovaciónCustodia pública de datos estratéxicos

Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos.

Palancas
Cambio legal
4458.5Productividad e innovaciónReforma da contratación pública

Modificar a Lei de Contratos do Sector Público e o Esquema Nacional de Seguridade para reducir a dependencia de software privativo extraeuropeo, favorecendo o código aberto, as nubes públicas certificadas e a capacidade de auditoría.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Cambio legal
4468.5Productividad e innovaciónProtección fronte á lexislación extraterritorial

Avaliar e limitar os riscos de contratar provedores tecnolóxicos sometidos a leis de terceiros Estados —como a CLOUD Act estadounidense— que os obriguen a entregar información ao seu goberno, blindando a normativa europea de protección de datos.

Palancas
Cambio legal
4478.5Productividad e innovaciónLingua e cultura na contratación tecnolóxica

Esixir en cada contrato público de software a presenza adecuada do galego e da nosa cultura, garantindo financiamento para nubes públicas federadas que permitan compartir capacidades entre administracións sen perder identidade.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4488.5Productividad e innovaciónCompra pública para a soberanía dixital

Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Palancas
Gasto e inversión
4498.6Instituciones y democraciaLimitación de algoritmos manipulativos

Esixir ao Goberno do Estado un papel pioneiro na Unión Europea para limitar os algoritmos e os deseños que maximizan de forma deliberada o tempo de uso mediante condutas adictivas.

Territorios
EspañaUnión Europea
4508.6Instituciones y democraciaEconomía da intención

Favorecer a transición cara a un modelo dixital no que as persoas decidan libremente a información que reciben, evitando que os seus intereses sexan delegados en algoritmos comerciais.

4518.6Instituciones y democraciaInteroperabilidade de redes sociais

Impor a interoperabilidade das redes sociais e servizos de mensaxería mediante protocolos abertos e federados, permitindo comunicarse con usuarios doutras plataformas e mudar de servizo sen cancelas tecnolóxicas.

4528.6Instituciones y democraciaAlternativas abertas e descentralizadas

Favorecer o desenvolvemento de servizos dixitais abertos, federados e comunitarios para reducir a dependencia das grandes corporacións e potenciar a capacidade de decisión cidadá.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
4538.6Instituciones y democraciaTransparencia e pluralismo

Reforzar as garantías e auditorías sobre o funcionamento dos sistemas de recomendación para coñecer os criterios que condicionan a visibilidade e a circulación dos contidos en Internet.

4548.7ImpuestosFiscalidade do capitalismo de vixilancia

Promover no marco estatal e europeo a tributación do negocio baseado na extracción masiva de datos, gravando esta actividade segundo o volume real de persoas usuarias en cada territorio.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
4558.7ImpuestosRetorno fiscal ás comunidades

Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común.

Palancas
Impuestos y cotizacionesGasto e inversión
4568.7ImpuestosTributación efectiva contra a elusión

Defender medidas estritas contra a enxeñaría fiscal e a concentración de beneficios das grandes plataformas, obrigándoas a contribuír de forma xusta aos servizos públicos dos territorios onde operan.

Palancas
Impuestos y cotizaciones
4578.7ImpuestosFinanciamento de capacidades propias

Vincular as políticas fiscais e de investimento público ao desenvolvemento dunha economía dixital soberana que apoie a innovación, o software libre e o tecido de pequenas e medianas empresas galegas.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4588.8Energía y climaReforma da Lei de Telecomunicacións e do Sector Eléctrico

Impulsar cambios normativos estatais para estabelecer límites estritos e vinculantes á implantación de macrocentros de datos privados, garantindo a súa compatibilidade coas necesidades do territorio.

Palancas
Cambio legal
4598.8Infraestructuras y aguaAuditorías hídricas e ambientais

Condicionar calquera proxecto tecnolóxico a unha avaliación rigorosa que garanta que o seu consumo de auga non sature os acuíferos nin prexudique o abastecemento da poboación e dos ecosistemas.

4608.8Energía y climaEnerxía renovábel e capacidade da rede

Esixir que estas grandes infraestruturas se abastezan ao 100% con enerxías renovábeis de nova xeración propias, impedindo que saturen a rede pública ou despracen outros usos prioritarios.

4618.8Energía y climaAproveitamento obrigatorio de calor residual

Promover o uso obrigatorio da calor xerada polos centros de datos para abastecer industrias, servizos públicos ou redes de calefacción locais, revertendo de xeito produtivo no territorio.

4628.8Energía y climaParticipación, canon e retorno territorial

Estabelecer plans industriais vinculantes e un canon específico por capacidade instalada que vaia destinado integramente a financiar a transición dixital e o desenvolvemento local das comunidades afectadas.

Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
4638.8Energía y climaFin dos enclaves extractivos dixitais

Opoñerse ao sovereignty washing de multinacionais que usan os recursos galegos sen xerar valor engadido real. Baixo estes criterios de control e sustentabilidade examinaranse proxectos como o centro de datos de Curtis vinculado a Microsoft.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4648.8Energía y climaMinerais críticos e transformación industrial

Promover normativa para que os proxectos de minería estratéxica de transición dixital (como o litio ou o cobre) estean condicionados por lei á súa transformación industrial e á creación de valor tecnolóxico en Galiza.

Palancas
Cambio legalReorganizar el Estado
Territorios
Galicia
4658.8Energía y climaCohesión contra os custos ambientais

Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra.

Territorios
Galicia
4668.9Infraestructuras y aguaNoso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos

noso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos.

Palancas
Gasto e inversión
4678.9Infraestructuras y aguaAmarre de cables submarinos internacionais

Impulsar desde o Estado a posición xeoestratéxica de Galiza como nodo de interconexión atlántico, promovendo activamente o amarre de cables submarinos internacionais na costa galega baixo estritos criterios de sustentabilidade ambiental.

Territorios
GaliciaEspaña
4688.9Infraestructuras y aguaCorredor dixital atlántico

Promover un corredor de conectividade e alta tecnoloxía co norte de Portugal e a cornixa cantábrica que favoreza o intercambio científico, a cooperación en innovación e o pulo a un tecido de Pemes de alto valor engadido.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Territorios
Portugal
4698.9Infraestructuras y aguaPlanificación territorial de infraestruturas

Reclamar que a lexislación estatal subordine os centros de datos á planificación e control das administracións territoriais competentes, garantindo que sirvan para potenciar os ecosistemas produtivos locais.

Palancas
Cambio legal
4708.9Infraestructuras y aguaRetorno industrial e valor engadido

Orientar todas as novas redes e infraestruturas atlánticas cara á creación de actividade industrial real, o fortalecemento da investigación pública e a innovación, asegurando que a nosa xeografía se traduza en capacidade efectiva de decisión.

Palancas
Gasto e inversiónReorganizar el Estado
4719Empleo y emprendimientoDeseñar políticas de fomento do emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estábel e unhas condicións laborais…

Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas, tendo como obxectivo prioritario a igualdade de condicións e oportunidades das mozas e dos mozos galegos.

Colectivos
Jóvenes
Territorios
Galicia
4729Campo, mar y mundo ruralFomentar axudas directas para a incorporación da mocidade no sector primario e medidas complementarias para as que…

Fomentar axudas directas para a incorporación da mocidade no sector primario e medidas complementarias para as que continúan a súa actividade, así como un apoio eficaz e un reforzo nas axudas e no asesoramento para tomar a remuda nas explotacións.

Palancas
Gasto e inversión
4739Empleo y emprendimientoGarantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo

Garantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo.

4749Empleo y emprendimientoPromover o emprego xuvenil vinculado á transición enerxética xusta, á conservacación ambiental e á recuperación dos

Promover o emprego xuvenil vinculado á transición enerxética xusta, á conservacación ambiental e á recuperación dos

4759Empleo y emprendimientoEcosistemas, garantindo que Galiza poida decidir sobre os seus recursos naturais

ecosistemas, garantindo que Galiza poida decidir sobre os seus recursos naturais.

Palancas
Gasto e inversión
Territorios
Galicia
4769ViviendaGarantir o acceso da mocidade como un dos actores prioritarios ao parque de vivenda pública

Garantir o acceso da mocidade como un dos actores prioritarios ao parque de vivenda pública. Esixindo urxentemente ao Estado a transferencia de todos os activos da SAREB á Xunta de Galiza para destinalos á promoción de vivenda pública, sobre todo en réxime de aluguer, sendo a mocidade un dos actores de acceso prioritario a estas vivendas.

Territorios
GaliciaEspaña
4779ViviendaEstabelecer medidas contra a discriminación de persoas novas no acceso á vivenda por non dispoñeren de avais familiares…

Estabelecer medidas contra a discriminación de persoas novas no acceso á vivenda por non dispoñeren de avais familiares ou por ter contratos laborais temporais.

Colectivos
Familias
4789Empleo y emprendimientoGarantir oportunidades de emprego, vivenda e emprendemento no rural, mediante un programa de rehabilitación de vivendas…

Garantir oportunidades de emprego, vivenda e emprendemento no rural, mediante un programa de rehabilitación de vivendas baleiras, mellorando os servizos públicos, o transporte e a conectividade.

Palancas
Plan o pacto
4799Lengua, cultura y memoriaGarantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de…

Garantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de streaming, coma nos videoxogos; vixiando o crumprimento efectivo da Lei do Audiovisual.

Palancas
Cambio legal
Territorios
Galicia
4809EducaciónTransferencia plena das competencias de ensino á Galiza para poder contar cun ensino público e de calidade adaptado ás…

Transferencia plena das competencias de ensino á Galiza para poder contar cun ensino público e de calidade adaptado ás nosas características nacionais e en especial á realidade sociolaboral da mocidade galega.

Territorios
Galicia
4819EducaciónTransferencias das competencias das bolsas universitarias á Xunta de Galiza, superando o actual modelo de distribución…

Transferencias das competencias das bolsas universitarias á Xunta de Galiza, superando o actual modelo de distribución entre a poboación e garantindo así o acceso á ensinanza superior.

Territorios
Galicia
4829EducaciónSupresión das taxas de reposición para garantir estabilidade ao novo profesorado investigador e asegurar a remuda xeracional

Supresión das taxas de reposición para garantir estabilidade ao novo profesorado investigador e asegurar a remuda xeracional.

Palancas
Gasto e inversión
4839EducaciónReverter os aspectos lesivos mantidos ou introducidos pola nova lexislación en materia de ensino na LOMLOE, LOSU e Lei de FP

Reverter os aspectos lesivos mantidos ou introducidos pola nova lexislación en materia de ensino na LOMLOE, LOSU e Lei de FP.

Palancas
Cambio legal
4849Empleo y emprendimientoGarantir a remuneración das prácticas, asegurando que sexan unha experiencia formativa e de aprendizaxe para as…

Garantir a remuneración das prácticas, asegurando que sexan unha experiencia formativa e de aprendizaxe para as estudantes e non unha substitución dun traballador ou traballadora, evitando a precarización da mocidade no ámbito laboral.

4859Empleo y emprendimientoEquiparar os dereitos laborais e a remuneración dos contratos de formación como en calquera actividade laboral

Equiparar os dereitos laborais e a remuneración dos contratos de formación como en calquera actividade laboral.

4869Empleo y emprendimientoDesenvolver un plan de choque para o retorno das persoas mozas emigradas, garantindo unha inserción laboral e un acceso á…

Desenvolver un plan de choque para o retorno das persoas mozas emigradas, garantindo unha inserción laboral e un acceso á vivenda dignos.

Palancas
Plan o pacto
4879Instituciones y democraciaRecoñecer o dereito das mozas e dos mozos de 16 e 17 anos a poderen votar nas diferentes convocatorias electorais

Recoñecer o dereito das mozas e dos mozos de 16 e 17 anos a poderen votar nas diferentes convocatorias electorais.

Colectivos
Jóvenes
4889Administración y gastoDestinar 1 % dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a políticas para a mocidade, transferindo os fondos ás comunidades…

Destinar 1 % dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a políticas para a mocidade, transferindo os fondos ás comunidades autónomas para que estas poidan deseñar políticas adaptadas aos intereses da súa mocidade.

Colectivos
Autónomos, pymes y emprendedores
Palancas
Gasto e inversión
Territorios
España
4899Seguridad ciudadanaPromover e elaboración dun plan de prevención e erradicación das violencias machistas e LGBTIfóbicas

Promover e elaboración dun plan de prevención e erradicación das violencias machistas e LGBTIfóbicas.

Palancas
Plan o pacto
4909EducaciónElaboración dun protocolo estatal para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e o ciberacoso

Elaboración dun protocolo estatal para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e o ciberacoso.

4919Sanidad y cuidadosImpulso dun plan de prevención e actuación para a saúde mental dirixido á mocidade, destinando recursos económicos e…

Impulso dun plan de prevención e actuación para a saúde mental dirixido á mocidade, destinando recursos económicos e materiais suficientes para o seu tratamento.

Colectivos
Pacientes
Palancas
Gasto e inversiónPlan o pacto
4929DefensaAbolición permanente do servizo militar obrigatorio, rachar co modelo de suspensión do servizo estabelecido no ano 2001 e…

Abolición permanente do servizo militar obrigatorio, rachar co modelo de suspensión do servizo estabelecido no ano 2001 e eliminar da lexislación a posibilidade da súa restitución.

Palancas
Cambio legal
4939Infraestructuras y aguaPromover o transporte colectivo entre a mocidade menor de 30 anos a través de bonificacións nas viaxes en transporte por…

Promover o transporte colectivo entre a mocidade menor de 30 anos a través de bonificacións nas viaxes en transporte por estrada e por ferrocarril.

4949Infraestructuras y aguaMellorar e ampliar as infraestruturas ferroviarias galegas, dende as conexións entre cidades, vilas e comarca

Mellorar e ampliar as infraestruturas ferroviarias galegas, dende as conexións entre cidades, vilas e comarca. Garantindo así o dereito real á mobilidade para a mocidade en toda Galiza, á vez que se impulsa a tranferencia plena destas competencias á Xunta de Galiza, a comezar pola creación do Galitren ou tren de proximidade na Galiza.

Palancas
Reorganizar el Estado
Territorios
Galicia
4959Sanidad y cuidadosElaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das…

Elaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das promocións do xogo en calquera ámbito (recreativo ou deportivo).

Palancas
Plan o pacto
4969Seguridad ciudadanaDeroga: Lei MordazaDerrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e…

Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de

Palancas
Cambio legal
Territorios
España
4979Seguridad ciudadanaPresunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes

presunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes.

49810Lengua, cultura y memoriaTraspasar as competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas

Traspasar as competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas.

49910Lengua, cultura y memoriaGarantir a participación das seleccións galegas con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas…

Garantir a participación das seleccións galegas con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais.

Territorios
Galicia
50010Lengua, cultura y memoriaAcometer as accións necesarias para que as federacións galegas de cada disciplina deportiva sexan as últimas instancias…

Acometer as accións necesarias para que as federacións galegas de cada disciplina deportiva sexan as últimas instancias organizativas de cada un dos deportes no noso país.

Territorios
Galicia
50110Lengua, cultura y memoriaModificar as infraccións e sancións recollidas na Lei estatal do deporte, que actualmente están a penalizar condutas como…

Modificar as infraccións e sancións recollidas na Lei estatal do deporte, que actualmente están a penalizar condutas como a exhibición de faixas ou bandeiras e que atentan contra os dereitos fundamentais.

Palancas
Cambio legal
50210Lengua, cultura y memoriaImpulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as…

Impulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as disciplinas deportivas, tanto no deporte base como no profesional.

Colectivos
Mujeres
50310Lengua, cultura y memoriaImpulsar accións que garantan o exercicio dos dereitos de conciliación das mulleres deportistas cando son nais así como a…

Impulsar accións que garantan o exercicio dos dereitos de conciliación das mulleres deportistas cando son nais así como a loita contra calquera forma de discriminación que esixa ás mulleres deportistas escoller entre ser nais ou dar continuidade á súa carreira deportiva profesional.

Colectivos
Mujeres
50410Lengua, cultura y memoriaAchegar máis recursos económicos para impulsar instalacións deportivas accesíbeis, dirixidas especialmente a persoas con…

Achegar máis recursos económicos para impulsar instalacións deportivas accesíbeis, dirixidas especialmente a persoas con discapacidade e con mobilidade reducida.

Colectivos
Discapacidad y dependencia
Palancas
Gasto e inversión
50511Exterior y Unión EuropeaO status internacional de neutralidade activa do Estado español, que incluirá:

O status internacional de neutralidade activa do Estado español, que incluirá:

Territorios
España
50611DefensaRexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito

Rexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito. Redución progresiva das cantidades millonarias dilapidadas nesta materia, que ademais implican recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino e os servizos sociais.

Colectivos
Pacientes
50711DefensaOpoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á…

Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etc- definidas como críticas e estratéxicas para uso militar pola OTAN e a UE.

Colectivos
Empresas e industria
Palancas
Cambio legalPlan o pacto
Territorios
Unión Europea
50811DefensaAvanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non…

Avanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non interese militar) para uso civil e traspaso á Xunta.

Territorios
Galicia
50911Exterior y Unión EuropeaDefender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das…

Defender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das nacións á súa libre determinación -a comezar pola nosa- e a se relacionaren en pé de igualdade, sen inxerencias nin agresións en coherencia coa nosa visión pacifista e antiimperialista. No inmediato:

51011Exterior y Unión EuropeaA) Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando…

a) Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando enerxicamente a ocupación marroquí do Sáhara Occidental, e instando a que o Estado español impulse un referendo de autodeterminación con garantías democráticas.

Territorios
España
51111Exterior y Unión EuropeaB) Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da Palestina

b) Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da Palestina. Recoñecemento real e efectivo do Estado palestino.

Territorios
España
51211Exterior y Unión EuropeaC) Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África

c) Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África.

51311Exterior y Unión EuropeaD) Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América…

d) Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América Latina, e que mantén a agresión a Venezuela e o bloqueo a Cuba.

51411DefensaDefender unha política de paz opóndose ás medidas que buscan estender na sociedade o militarismo; e consecuentemente…

Defender unha política de paz opóndose ás medidas que buscan estender na sociedade o militarismo; e consecuentemente demandamos a abolición definitiva do Servizo Militar Obrigatorio (só en "suspensión" desde o ano 2001) por responder ás estratexias bélicas da OTAN e UE, e sendo o exército español unha ferramenta do réxime, ao servizo do centralismo españolizador e negador da realidade plurinacional do Estado.

Palancas
Plan o pacto
Territorios
EspañaUnión Europea
51511Exterior y Unión EuropeaOporse a calquera tipo de tratado comercial internacional que vulnere a soberanía dos pobos e os dereitos sociais,…

Oporse a calquera tipo de tratado comercial internacional que vulnere a soberanía dos pobos e os dereitos sociais, laborais, ambientais e os relativos a unha vida digna e saudábel.

51611Exterior y Unión EuropeaCombater as causas radicais das migracións en masa, en especial as políticas neocoloniais e imperialistas no continente…

Combater as causas radicais das migracións en masa, en especial as políticas neocoloniais e imperialistas no continente africano ou no Oriente Medio, as guerras, o saqueo dos recursos naturais...; en definitiva, inxerencia externa.

Palancas
Gasto e inversión
51711Inmigración y nacionalidadDefender no seo da Unión Europea unha política de migracións respectuosa co dereito de asilo político, cos dereitos…

Defender no seo da Unión Europea unha política de migracións respectuosa co dereito de asilo político, cos dereitos sociais e laborais e co desenvolvemento dos pobos.

Colectivos
Inmigrantes y solicitantes de asilo
Territorios
Unión Europea
51811Inmigración y nacionalidadRenegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e…

Renegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e de desenvolvemento. Do mesmo xeito, oporse de pleno a calquera reforma regresiva en materia de dereitos e de liberdades individuais e civís coa desculpa de ameazas antiterroristas.

Palancas
Cambio legal